Montaña

Tres Bispos

Cervantes · Lugo

Tres Bispos

O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes. == Toponimia == Segundo a tradición o nome vén de que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. No lugar hai unha columna (marco) de pedra. == Ascensión == Desde o lugar da Degrada (Cereixedo, Cervantes) chégase nun quilómetro ao refuxio de Ancares. Desde alí, a primeira parte transcorre por unha estrada asfaltada para a continuación gañar altitude pouco a pouco até a campa de Tres Bispos. Unha vez aí, un sendeiro chega ao cume. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Ascensión ao Tres Bispos desde o refuxio de Ancares Arquivado 04 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Al lado de este lugar