Site archéologique

Aquis Originis

Lobios · Ourense · 0100

Aquis Originis

Aquis Originis era unha das once mansio coas que contaba a Vía Nova, que era a vía que comunicaba Bracara Augusta con Astúrica Augusta nos tempos do imperio romano, e que cruzaba en diagonal a actual provincia de Ourense. As mansio eran hostais xestionados polo estado para o descanso dos viaxeiros que empregaban as calzadas romanas. A mansio estaba na parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, en pleno parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Existe controversia sobre a situación da mansión. Se ben Antonio Rodríguez Colmenero identifica a mansión cos restos dunha vila situada nunha beira do río Caldo, o arqueólogo Manuel Xusto Rodríguez, que escavou o recinto da vila romana, entende que a Vía Nova non discorría por alí, senón uns metros máis arriba na aba do monte.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu