Camp romain

Campamento romano da Ciadella

Sobrado · A Coruña

Campamento romano da Ciadella

O campamento romano da Ciadella foi un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, sito no tramo viario entre Brigantium e Lucus Augusti, parte da Vía XX, entre as actuais parroquias galegas da Ciadella (Sobrado) e Vilariño (Vilasantar). Nel mantíñanse entre 500 e 600 militares da Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum, que tiña a súa sede en Lucus Augusti. Esta unidade auxiliar do exército imperial romano tivo como función a vixilancia da Vía XX, traballo que desempeñou entre os anos 123 e 395. == Historia e características == A Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum, formada no ano 80, tería sido trasladada dende Mauritania a Hispania no ano 123, adscrita á Legio VII Gemina (León) por orde do emperador Hadriano, como testemuña a Tessera de Castromao (Celanova), que di: O recinto foi construído entón, nun planalto de 480 metros sobre o nivel do mar, rodeado por unha pequena cadea montañosa, preto do río Cabalar. Tiña unha muralla perimetral de 172 x 140 metros, coas esquinas redondeadas, e un foxo externo que complementaba as funcións defensivas da muralla. A extensión do campamento era de 2,4 hectáreas. Existían ademais catro portas de acceso ó campamento, e varias torres de vixilancia. No interior había dous edificios principais. Un deles era a Principia (cuartel xeral), de planta case cadrada, que medía 29,5 x 29,6 metros. A carón da Principia estaba o Praetorio (residencia do comandante) de 38 x 29,6 metros. Os dous edificios estaban separados por unha ampla rúa. O resto dos edificios serían barracóns, sanitarios, cortellos para os animais e unha cantina. Segundo algúns autores, sería neste campamento onde estaría situada a mansio Brigantium da vía XX, ou per loca maritima, do Itinerario de Antonino. O abandono do campamento tivo lugar no século IV, cando a unidade militar foi trasladada a Iuliobriga (Cantabria). Foi entón cando comezou a súa deterioración, sobre todo na época da ocupación xermánica, malia que nalgunhas épocas foi novamente habitado. No século XIX sofreu o espolio da súa cantaría para a construción de edificios veciños. === Escavacións === As escavacións do recinto comezaron oficialmente en 1934, dirixidas por Ángel del Castillo López e Sebastián González, sendo Castillo quen identificou en 1943 que se trataba dun campamento romano e non unha mansio (paradas oficiais nos camiños romanos). Os materiais atopados no lugar foron abondosos, salientando pezas de cerámica, vidros e utensilios de ferro e bronce. Atopáronse tamén moedas, pertencentes a un rango de tempo que atinxe dende Domiciano (ano 86) até Claudio II (ano 270). A maioría destas pezas atopadas na Ciadella están expostas de xeito permanente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón sito na cidade da Coruña. Boa parte do campamento non está escavado. Unha parte do sitio escavado ten unha cuberta futurista (aceiro e vidro) reutilizada, que protexe ás ruínas dos efectos erosivos. Malia todo, a zona cuberta ocupa unha superficie inferior á décima parte do recinto histórico, de xeito que a maior parte das ruínas están expostas á acción da choiva, do vento e da vexetación. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Arquitectura romana en Galicia Historia de Galicia Romanización de Galicia Aquis Querquennis Aquis Originis Medorra de Fanegas === Ligazóns externas === Castramentación Romana (en castelán). A Cidadela después de Roma, traballo da USC (en castelán). El campamento romano de Cidadela (en castelán). Campamento romano de Ciadella (fotos) (en castelán).

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu