Nécropole
Campo da Matanza
Baleira · Lugo

O Campo da Matanza é un monte da parroquia da Esperela no concello de Baleira situado ao nordeste do Cádavo. Ten unha altitude duns 840 m sobre o nivel do mar sendo relativamente chá. Nel hai inventariadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do 2013 unhas oito medorras. Algunhas delas teñen a masa tumularia moi espallada e removida por mor da plantación de piñeiros. Outras están algo mellor conservadas. Teñen un diámetro duns 18 m e a altura ronda 1 m. A máis grande ten 20 m de diámetro no seu eixo N-S e 18 m no seu eixo E-W. No seu foxo de violación hai pedras que poderían indicar a presenza de coiraza pero non se observa cámara. Preto está o antigo campo de fútbol chamado A Medorra. Segundo a tradición oral, a comezos do século IX tivo neste lugar a batalla do Campo da Matanza entre tropas cristiás e musulmás.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Cádavoa 1.2 kmA Fonsagrada-Lugo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.