Charnier
Campo de concentración de Padrón
Iria Flavia · Padrón · A Coruña · 1937
Photo: mChuca · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Camp de concentration franquiste à Iria Flavia, Padrón, à 11 m d'altitude, à 128 m du Caminho Português de Santiago.
O campo de concentración de Padrón foi un dos campos de concentración do Franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado na parroquia de Iria Flavia (Padrón), estivo activo entre 1937 e 1940.
Historia
A edificación, que a principios do século XX fora unha fábrica dedicada á produción de azucre de remolacha, foi reconvertida en prisión polo bando sublevado na guerra civil española en novembro de 1937. O recinto carcerario estaba formado por varios edificios e terreos que abarcaban unha extensión de 5,98 hectáreas rodeados por un cercado de arame de espiño, e foi escollido de acordo á súa situación estratéxica, ó estar a carón dunha importante vía férrea, que ademais comunicaba co porto de Vilagarcía de Arousa. A capacidade recoñeocida do presidio era de 1 700 presos. Os prisioneiros, unha vez chegados, eran posteriormente enviados ós campos de concentración de Rianxo e Muros. O campo de concentración pasou por dúas etapas diferenciadas; a primeira, dende a súa posta en funcionamento ata finais do ano 1938, constituída por reclusos apresados trala caída de Asturias; e a segunda, a partir de febreiro de 1939, conformada por reclusos procedentes do campo de concentración de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza), capturados trala ofensiva de Cataluña. Ademais albergou presos galegos, especialmente procedentes da contorna de Santiago de Compostela. Pasaron polo centro de reclusión arredor de 3 000 prisioneiros. As condicións eran estritas e encargábanse da vixilancia arredor de oitenta soldados axudados por membros da Garda Civil. Algúns dos presos falecidos durante o seu cativerio foron soterrados no camposanto de Adina. Cesou a súa actividade o 2 de abril de 1940.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Campo de concentración · Centro penal
Abandonné en 1940
Altitude du point ≈ 11 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Padrón, à 1,1 km
Chemin de Saint-Jacques Caminho Português de Santiago, à 128 m
Habitants de la commune 8 324 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Escalaà 157 mSantiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Iria Flaviaà 378 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A.
- Padrón E.A.à 804 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.