Pazo (manoir galicien)
Casa Bailly
O Temple · Cambre · A Coruña
Photo: N O E L | F E A N S · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Pazo (manoir galicien) à O Temple (Cambre, A Coruña), à 40 m d'altitude, à 442 m du Camiño Inglés.
A casa Bailly é unha mansión de estilo modernista localizada na vila galega do Graxal (O Temple, Cambre). Foi abandonada en 1981, e atópase nun estado completamente ruinoso.
Descrición
A casa Bailly é unha vivenda modernista con dous corpos divididos en dúas alturas, de andar case cadrado, con faiado e soto. Orixinalmente a mansión, que posuía 22 habitacións, formaba parte dun complexo que se atopaba dentro dun terreo con 30.000 metros cadrados. Contaba tamén cunha vivenda para o chofer e o xardineiro. Os chans do primeiro andar tiñan uns luxosos mosaicos, parte dos cales aínda se conservan, e tamén se conservan algúns azulexos nas paredes. Actualmente a mansión é o único que aínda se mantén en pé do complexo.
Historia
O complexo da casa Bailly construíuse entre 1920 e 1924 por encargo do empresario Julio López Bailly. Orixinalmente, a mansión foi concibida como un hotel de 22 dormitorios, mais finalmente usouse como residencia de veraneo. A casa deseñárona o arquitecto galego Antonio Tenreiro Rodríguez e o arquitecto valenciano Peregrín Estellés. Por mor da súa ideoloxía republicana e de esquerdas, a familia Bailly viuse obrigada a abandonar Cambre após o triunfo en Galiza do golpe de Estado de 1936 e a mansión foi incautada pola Falanxe. O soto da casa usouse para recluír presos republicanos, así como Escola de Mandos do Movemento, e a partir do ano 1951 os seus andares superiores foron usados polo Sindicato Vertical. En 1969 a mansión sufriu un incendio na súa á dereita por mor dun cigarro mal apagado, e en 1981 o complexo foi pechado e abandonado, iniciándose así a súa deterioración. A ampliación da estrada N-VI causou a destrución da vivenda do chofer e o xardineiro, así como a varanda e mais o muro que delimitaba o terreo da mansión. En 2012 a casa sufriu outro incendio, de novo por mor dun cigarro, sufrindo danos graves, como a caída de parte do tellado. Nese mesmo ano tabicáronse as entradas e xanelas do andar baixo para evitar que entrase máis xente, unha medida que resultou inútil, pois aínda continúan os actos vandálicos no interior da mansión. En 2015, Cambre elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que outorgou ao conxunto o nivel de protección ambiental, o máis baixo dos previstos. Fixéronse varios plans de restauración, mais ningún deles foi levado a cabo. O concello de Cambre estima que son necesarios uns 4 millóns de euros para restaurar a casa Bailly.
Filmación de películas
En outubro de 2011, na casa Bailly rodouse parte do filme Todo é silencio dirixido por José Luis Cuerda.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Casa · Mansión
Auteur Antonio Tenreiro Rodríguez · Peregrín Estellés
Protection Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
Altitude du point ≈ 40 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche O Seixo, à 460 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño Inglés, à 442 m
Habitants de la commune 24 771 (2025) · IGE
Y aller en bus
- O Graxalà 58 mSada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · A Coruña E.A.-Guitiriz-Lugo E.A. · Betanzos (praza)-Polígono Bergondo-Coruña E.A. · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO
- O Graxalà 88 mTeatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · Teatro Colón-Betanzos- Ferrol E.A. · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda)
- O Graxalà 220 mTeatro Colón-San Pedro de Nós-Oleiros-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Aeroporto de Alverdro-Aeroporto de Alvedro (circular polo Burgo) · A Coruña E.A.-Guitiriz-Lugo E.A. · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II · Hospital Abente y Lago-Sada (hotel Sada Palace)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.