Pazo (manoir galicien)
Casa da Braña
Carballedo · Cerdedo Cotobade · Pontevedra
Photo: Adrián Estévez (gl:User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Édifice civil à Carballedo, Cerdedo Cotobade, à 371 m d'altitude, à 9,4 km de Ponte Caldelas.
A casa da Braña é unha casa grande situada no lugar da Braña, na parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Características
Construíuna cara a 1730 Gregorio Senra, párroco de Carballedo e arcipreste de Cotobade, como residencia propia e soar dunha capelanía. En 1856 vendeullo ao veterinario de San Xusto, Francisco Javier Garrido Cerviño, posiblemente no marco da desamortización de Mendizábal. En 1885 mercouno o maxistrado José María Vidal González, pasou ao seu descendente o avogado José García Vidal e logo á súa filla, que en 1954 casou co médico ourensán Antonio Fernández Barja. A construción ten planta rectangular con baixo e piso. En cada fachada hai unha longa solaina con balaustrada de pedra e piares que sosteñen o teito, ás que se accede por medio de patíns. Baixo a solaina fórmase un soportal alintelado sostido por piares. Na esquina sueste hai un reloxo de sol. A casa sitúase nunha terra lindante co río Almofrei e co rego de Chan das Latas. A propiedade rústica ten un hórreo e unha corte, así como diversas froiteiras (maceiras, abeleiras) e outras árbores. Tamén conta cun cruceiro e unha piscina. O recinto está pechado por balaustrada de pedra nalgúns tramos.
Galería de imaxes
Outros artigos
Pazos de Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Pazo
Altitude du point ≈ 371 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Ponte Caldelas, à 9,4 km
Y aller en bus
- Carballedo (A Chan)à 76 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Carballedo (A Chan)à 84 mAguasantas-Pontevedra E.A.
- Loureiro (Ponte)à 872 mAguasantas-Pontevedra E.A.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Observatorio astronómico de CotobadeObservatoire astronomique
Festa do requeixo da CorredoiraFête gastronomique
Igrexa de San Martiño de RebordeloÉglise
Festa da filloa de ValongoFête gastronomique
Laxe das CoutadasPétroglyphe
Foxo das BrañeirasFosse à loups
Foxo do lobo da CorredoiraFosse à loups
Ponte do Pozo NegroPont