Musée
Casa da Navegación
Baiona · Pontevedra

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra. == Descrición == O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián O edificio, a Casa María Carvajal, que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual. De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor), aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría. == Crítica == En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Fortaleza de Monte do Boi Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande === Ligazóns externas === Museos de Galicia Xunta de Galicia. Turismo Rías baixas Arquivado 12 de xullo de 2022 en Wayback Machine. Deputación de Pontevedra. Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2013, Deputación de Pontevedra (en castelán).
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Baiona (Porto)a 31 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona
- Baiona (Porto)a 77 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · A Guarda-Rosal-Pías-A Guarda-Baiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
- Baionaa 438 mBaiona-Ramallosa-Mallón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Camos-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · A Guarda-Oia-Baiona-Nigrán-Hospital Álvaro Cunqueiro-Povisa-Vigo E.I. · Baredo-Rocamar(Baredo)-Baiona-Ramallosa-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.