Gîte de pèlerins
Casa da Viúva
A Gudiña · Ourense
Photo: Teixuga · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Édifice civil à Gudiña, à 974 m d'altitude, à 59 m du Camiño Xabrés por Verín.
A Casa da Viúva é un edificio histórico situado na vila da Gudiña, no casco urbano e ao pé da estrada N-525. De cronoloxía indeterminada, con probabilidade foi construído no século XIX. O casal é de estilo popular, con perpiaños de granito e planta rectangular. Ten unhas dimensións de 1200 metros cadrados que se dividen en tres andares.
Historia
A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega, e lugar de residencia de ambas. Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución. En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. A construción, que fai parte da memoria histórica gudiñesa, atópase nun excelente estado de conservación, e ata o ano 2020 acolleu diversos actos culturais, tanto institucionais como provenientes do colectivismo ou de iniciativas particulares. En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos. As obras comezaron en agosto dese ano, e inaugurouse como albergue en xullo de 2021.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Casa · Albergue de peregrinos
Altitude du point ≈ 974 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Gudiña, à 36 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño Xabrés por Verín, à 59 m
Habitants de la commune 1 197 (2025) · IGE
Y aller en bus
- CPI Laureano Prietoà 449 mCastromil (Zamora)-O Pereiro de Arriba (enlace)-A Gudiña · Castromil (Zamora)-O Pereiro de Arriba (enlace)-A Gudiña
- A Gudiña (Porta de Galicia)à 628 mViana do Bolo E.A.-Verín E.A. · Viana do Bolo E.A.-Verín E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · Verín E.A.-A Gudiña (Porta de Galicia)(directo) · A Mezquita-Verín E.A.
- A Gudiña E.A.à 658 mViana do Bolo E.A.-Verín E.A. · Viana do Bolo E.A.-Verín E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · Viana do Bolo E.A.-A Mezquita · Verín E.A.-A Gudiña (Porta de Galicia)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

%2002.jpg?width=400)
