Maison-musée
Casa Museo de María Pita
A Coruña

A Casa Museo de María Pita é unha casa museo da Coruña que lembra a vida desta heroína que loitou contra unha frota inglesa no século XVI liderada por Francis Drake. No soar que ocupa levantábase no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Xoán Alonso de Rois. Hoxe en día está localizada na Rúa dos Ferreiros.
Contido
Estrutúrase en catro salas: Andar baixo: nel exponse información básica sobre a cidade nos séculos XVI e XVII Casa de María Pita "a vella": recreación da tenda e dormitorio principal da casa dos seus pais. Sala nivel 2: información sobre o papel xogado pola Coruña nas relacións internacionais da época. Sala nivel 3: na que se analizan as relacións entre España e Inglaterra e os feitos que levaron ao ataque a cidade da Coruña no ano 1589, e nunha segunda parte exponse unha panorámica da traxectoria vital de María Pita.
Outros artigos
María Pita Francis Drake
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
S'y rendre
Horaires Tu-Sa 10:00-13:00, 17:00-20:00
Entrée Gratuit
Fauteuil roulant Oui
Chegar en bus
- A MAESTRANZAa 118 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICAa 165 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
- Porta Reala 313 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.