Château fort

Château de Sobroso

Mondariz · Pontevedra

Château de Sobroso

O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado dentro do territorio da entidade local menor en Vilasobroso (Mondariz), no sur da provincia de Pontevedra. Está empoleirado no alto dunha pena do monte Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira con Portugal. == Historia == No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade marquesado de Sobroso, dende o 18 de maio de 1625. O lugar que ocupa era terra de sobreiras, que lle deron nome ao castelo e á súa vila. Existiu no seu lugar un castro prerromano. As orixes do castelo remóntanse posiblemente á época da expansión cristiá cara ao sur da Península Ibérica, pero a primeira referencia sobre o castelo non chega ata o século X cando o rei Bermudo II se refuxia na fortaleza durante a batalla de Portela Arenaria, en Vilasobroso, no ano de 983 entre os seus partidarios e as tropas de Ramiro III, rei de León. En tempos de Afonso V o Nobre é conquistado e saqueado por Almanzor. No ano 1095 os reis de Galicia, dona Orraca e Raimundo de Borgoña, concédenlle o señorío de Sobroso ao bispo de Tui, Aderico. A histórica vila onde se localiza o castelo aparece por primeira vez documentalmente citada baixo o título de Villa de San Martini de Portela subcastelo de Suveroso no ano 1170 nunha escritura de doazón Real de Fernando II de León ao bispo de Tui. Moitos historiadores atrasan a súa construción aos séculos IX, X e XI. Dende entón converteuse nun importante baluarte do sur de Galicia. Polas súas estancias pasou a raíña Orraca, o seu fillo o rei Afonso VII (que foi coroado rei neste castelo), e os Sobroso, familia propietaria do castelo, emparentados co rei Afonso IX. No ano 1117 dona Orraca, tralo seu segundo casamento con Afonso I de Aragón, foi cercada polo exército dos partidarios do seu fillo. Asediada polo conde de Traba e Tareixa de Portugal, a raíña fuxiu supostamente por un pasadizo que a levou até as ribeiras de Tea exiliándose a León, onde comezou as negociacións co bispo Diego Xelmírez, feitos estes narrados na Historia Compostelá. No ano 1190 o rei Fernando II nomea tenens do castelo a Pedro Muniz. Tamén aquí se celebrou a voda do rei de Portugal, Dinís I, con Isabel, filla de Pedro III de Aragón, máis tarde canonizada como santa Isabel de Portugal. No ano 1275, María Alfonso, sendo monxa no convento de Tabara, deu a súa parte do castelo ao abade Gómez Fernández que rexía o mosteiro de Melón. No ano 1368 o castelo é posesión de Álvaro Pires de Castro, irmán de Inés de Castro, representante en Galicia de Pedro I de Castela, o Cruel, que despois do triunfo de Henrique II se ve obrigado a refuxiarse en Portugal, onde recibe do rei Fernando I de Portugal os condados de Arraiolos e de Viana da Foz do Lima. A fortaleza foille outorgada a Pedro Ruíz Sarmiento, adiantado maior de Galicia e señor de Ribadavia, polo rei Xoán I, no ano 1379. As páxinas máis relevantes da súa historia tiveron lugar nos séculos XV e XVI, coas familias Sarmiento e Soutomaior. Álvaro Páez, irmán do Madruga, asediou o castelo e levou alí a García Sarmiento, fillo de Diego Páez. Dise que o tiña atado de mans sobre unha mesa á vista dos defensores, pedíndolles que lle entregasen o castelo, pois do contrario lle cortaría a cabeza, ao que lle responderon que o podía matar porque non o ían deixar entrar. As revoltas irmandiñas tiveron neste castelo un destacado protagonismo. Tras sufocarse a revolta, Diego García Sarmiento reconstrúe o castelo pero pouco despois Pedro Madruga apoderouse de Sobroso, e perdeuno durante o seu cativerio en Benavente (1477-1478). Unha vez libre, tratou infrutuosamente de recuperalo con 5.000 infantes e 1.000 cabaleiros, polo que levantou o veciño castelo da Picaraña. Os Reis Católicos ordenaron o seu derrube dúas veces en 1481 e 1486, pero este non se levou a cabo e a fortaleza pasou a mans dos Sarmiento, señores de Sobroso e Salvaterra, á cabeza dunha ampla xurisdición até o século XVIII. Foi perdendo paulatinamente o seu papel defensivo, que foi seguido dun período de abandono e progresiva ruína de douscentos anos. === Abandono e recuperación ===…

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu