Château fort
Castelo de Vilalba
Vilalba · Lugo
Photo: Paradores · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Château fort à Vilalba, Lugo, à 473 m d'altitude, à 31 m du Camiño do Norte.
A Torre do Castelo dos Andrade ou Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro no século XI. A imaxe actual é resultado da reconstrución feita no século XV polo conde de Vilalba Diego de Andrade. Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior.
Situación
Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María.
Historia
A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico da localización xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña. Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade, O Boo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila. No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade, o Mao derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade. Anos máis tarde o castelo retornou ao patrimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruiz de Castro Osorio da casa de Lemos. No século XVIII foi obxecto de novas reformas. Na década de 1960 foi habilitado para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o máis pequeno de toda a rede. Inicialmente foi un parador de 3 estrelas con 6 habitacións. Recentemente ampliouse cun edificio anexo con 42 novas habitacións, mantendo o equilibrio coa contorna e adquirindo a categoría de 4 estrelas.
Descrición
A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza. A actual torre é de planta octogonal. Trátase da antiga torre da homenaxe do castelo. Levántase en cachotaría de xisto e reservando o uso do granito para os remates e elementos decorativos (ameas e xambas de portas e ventás).
Galería de imaxes
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Castelo · Monumento
Fait partie de Camiño do Norte
Protection Ben de Interese Cultural · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Altitude du point ≈ 473 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Vilalba, à 382 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño do Norte, à 31 m
Habitants de la commune 13 946 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Rúa da Praviaà 89 mBouzamelle-Rúa da Pravia · Bouzamelle-Rúa da Pravia · Moreda I-Rúa da Pravia · Moreda I-Rúa da Pravia
- Avda. Terra Chá 15-17à 386 mAvda. Terra Chá 15-17-CEIP Terra Chá · CEIP Terra Chá-Avda. Terra Chá 15-17
- Vilalba (instituto)à 482 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · Ferrol E.A.-Lugo E.A.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.