Village fortifié celte
Castro de Torroso
Torroso · Mos · Pontevedra
Il n'y a pas encore de photo de Castro de Torroso
Si vous en avez une, téléversez-la sur Wikimedia Commons ↗ avec les coordonnées renseignées et elle arrivera toute seule sur cette carte et sur toute autre qui utilise des données ouvertes. Ou envoyez-la-nous.
{{Location|42.19833|-8.62778}}
Village fortifié celte à Torroso (Mos, Pontevedra), à 111 m d'altitude, à 1,4 km du Caminho Português de Santiago.
O Castro de Torroso ou Castro do Retiro, é un sitio arqueolóxico, un castro pertencente á cultura castrexa, descuberto no concello de Mos de xeito fortuíto na primavera de 1983 e escavado con posterioridade entre os anos 1984 a 1990. Estímase que tivo un período de ocupación moi curto, desde principios do século VII a.C. ata finais da mesma centuria, sen que se constatasen posteriores períodos de reocupación. O seu estudo é de especial interese xa que é un dos castros máis antigos detectados: presenta un poboado castrexo da etapa inicial desta cultura empregando un sistema arquitectónico baseado na pedra, o que fai matizar diversas teorías que manteñen un proceso de "petrificación" da cultura castrexa de xeito evolutivo.
Situación
O castro sitúase na parroquia de San Mamede de Torroso, no concello de Mos, na comarca de Vigo, preto do límite coa parroquia de San Mamede de Petelos. Atópase a unha altitude sobre o nivel do mar de 135 metros, na marxe dereita no alto do val do río Louro, afluente do Miño. Ocupa un lugar privilexiado na xeografía que a modo de anfiteatro ábrese cara ao sur (á zona meridional da Depresión Meridiana) e protexido polo leste polos Montes do Galleiro e polo oeste pola Serra do Galiñeiro. Atópase a tan só 8 km en liña recta da ría de Vigo. Preto do sitio son abondosos os mananciais e cursos de auga. Trátase dun castro de terreos de pouca pendente, cun claro dominio dos chans con pendentes inferiores ao 5% e arrodeado de pendentes de entre un 5 e un 10%.
Descuberta
Os temporais do inverno tiraran varias árbores o que facilitou que na primavera de 1983 Justo J. González Ballesta e Manuel Domínguez Domínguez descubrisen entre as raizames anacos de cerámica que recolleron e amosaron ao equipo do Museo de Pontevedra, quen comprobou que se trataba de cerámica de tipoloxía castrexa, razón pola que promoveron un plan de escavacións sistemáticas.
Escavacións arqueolóxicas
Campañas de 1984 - 1990
O diario de escavación, inventarios e achados consérvanse no Museo Provincial de Pontevedra. Partindo dos correspondentes levantamentos planimétricos en detalle do terreo, o enfoque metodolóxico das escavacións estivo desde o principio moi condicionado pola necesidade da obtención, nalgúns casos, do pertinente permiso dos numerosos propietarios particulares dos terreos onde se sitúa o sitio arqueolóxico. Isto levou a que os traballos arqueolóxicos se centraran na zona do eirado e o parapeto suroeste. Esta limitación tamén impediu a consolidación, para a súa posta en valor, das estruturas arquitectónicas descubertas, polo que para unha mellor conservación procedeuse a un coidadoso tapado das estruturas descubertas. As escavacións formuláronse tomando como referencia o sistema teórico de coordenadas cartesianas, conformando unha retícula base de cadrados de cinco metros de lado. Estratigrafía As zonas escavadas en profundidade presentaron unha sucesión estratigráfica bastante clara. Porén, a súa interpretación non é moi doada xa que estes niveis só foron percibidos nos terreos de recheo da terraza, polo que o proceso formativo das capas sedimentarias debe ser coidadosamente analizado. Detectáronse seis niveis estratigráficos: Nivel I. Hipoteticamente representaría a sexta e última fase de ocupación a finais do século VII a.C. Nivel II. Representa a quinta fase de ocupación e é moi similar á anterior. Nivel III. Cuarta fase de ocupación. Presenta un chan moi pisado e nalgunhas partes fosilizado. Nivel IV. Pouco escavado, correspondería á terceira fase de ocupación. Niveis V e VI. Os niveis máis profundos corresponderían coas dúas primeiras fases de ocupación do poboado, a primeiros do século VII a.C. Porén, non se poden relacionar con ningunha estrutura arquitectónica. Polo demais non presenta diferenzas notables cos niveis anteriores. Na interpretación destes niveis estratigráficos barállase a posibilidade de que se trate de ocupacións temporais por causa das obras de levantamento do poboado. Entre outras posibles evidencias cítase: Que os niveis só se perciban na zona de recheos do recinto defensivo e a terraza.…
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Époque Culture des castros
Nature Village fortifié celte
Altitude du point ≈ 111 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche O Porriño, à 4,1 km
Chemin de Saint-Jacques Caminho Português de Santiago, à 1,4 km
Habitants de la commune 15 221 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Pazo (Dornelas)à 446 mCEIP Pena de Francia-Carzut · CEIP Pena de Francia-Carzut
- Pozasà 556 mTorroso (alto Barreiro)-Vigo E.I.
- Parque Torrosoà 604 mCEIP Pena de Francia-Carzut · CEIP Pena de Francia-Carzut
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

