Colline fortifiée
Castro de Vilarullo
Curtis · A Coruña

O castro de Vilarullo é un castro de chaira situado no lugar do Castro de Vilarullo, na parroquia e concello de Curtis. == Descrición == De sección circular mide uns 120 metros de diámetro. Ten grandes muros defensivos, nalgunhas zonas de máis de 20 metros de altura. O recinto ten dous accesos, un ao leste e outro ao oeste. A croa é unha castiñeira con grandes pedras. O recinto, na cara N-O, está afectado por labores agrícolas. O castro está circundado pola cara sur por unha pista forestal que delimita as plantacións de eucaliptos. == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- VILARULLOa 204 mCEIP de Teixeiro-Arredonda (Gandaras) · CEIP de Teixeiro-Arredonda (Gandaras)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.