Dolmen

Círculo Lítico da Roda

Reinante · Barreiros · Lugo

Círculo Lítico da Roda, dolmen en Barreiros

Photo: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Dolmen à Reinante (Barreiros, Lugo), à 122 m d'altitude, à 7,6 km de Foz.

O henge de Roda, coñecido como A roda de Barreiros, é unha estrutura megalítica situada na aldea de Roda (San Pedro de Benquerencia, Barreiros). Foi a primeira estrutura henge, localizada na península ibérica e foi descuberta en 2006 durante a construción da A-8, que tivo que variar o seu trazado para salvagardalo.

Descrición

A Roda é un círculo lítico (henge) duns 50 metros de diámetro, duns 3 700 anos de antigüidade. Os restos do henge están situados nunha chaira na baixada do monte, unha zona que controla visualmente a zona. Esta construción consta dun foxo exterior de entre tres e catro metros de diámetro e un metro de profundidade. O círculo está formado por dous muros de pedra, entre os cales se depositou terra do foxo, formando así o parapeto. Tería no punto máis alto probablemente os tres metros. Consérvase a zona de entrada, de entre metro e medio e dous metros, orientada ao noroeste. Xunto á entrada hai unha pedra que podería ser un dos menhires que delimitaban o acceso. O círculo exterior son pedras de menos dun metro de lonxitude cunha das caras planas. O círculo interior son pedras sen traballar que formarían un muro. Dentro do círculo hai varias pedras de algo máis dun metro de longo que poderían ter formado outro círculo.

Outros artigos

Henge Megalitismo en Galicia

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Époque Âge du bronze

Nature Mégalithe

Aussi appelé Henge da Roda · Castro da Roda

Altitude du point ≈ 122 m · Terrain Tiles

Ville la plus proche Foz, à 7,6 km

Habitants de la commune 3 038 (2025) · IGE

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Y aller en bus

Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

À côté de ce lieu