Couvent
Convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella
Redondela · Pontevedra
O convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella é unha construción relixiosa do século XVI situada na vila de Redondela. Ademais do propio convento ten a igrexa anexa e un cruceiro. Sitúanse na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.
Historia
O convento comezouse a construír no ano 1501 sobre a antiga igrexa parroquial de Santiago de Vilavella. Rematouse en 1554, da man do arcediago de Cerveira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos. No ano 1864 a igrexa sufriu un incendio no que se perdeu a parte do coro onde se atopaba o órgano. A fonte de ingresos do convento residía no cobro dos foros polo arrendamento de terreos aos campesiños da vila. Malia todo, os pagamentos adoitábanse facer en millo, patacas, galiñas ou viño, en troques de cartos. Outra forma de obter ingresos foi a repostería, sendo aínda hoxe célebres na vila os cabelos de anxo, toronxa ou noces. En 1603 o concello de Pontevedra encargou á superiora Inés Avalle Mariño uns doces para agasallar ao arcebispo de Santiago Maximiliano de Austria, de visita nesa cidade. En 1867 representaron a España cos seus doces na Exposición Universal de París. A orde de relixiosas Xustinianas abandonou o convento no ano 1931, e cinco anos máis tarde, en 1936, acordouse ceder o conxunto arquitectónico ao Estado. Porén, xamais chegou a producirse o traspaso por mor do inicio da guerra civil española. En 1942 mercouno o industrial conserveiro José Otero González, invertendo nel moito diñeiro co propósito de que pasase novamente á Orde Xustiniana, da que era agregado espiritual, para que establecese un colexio para Redondela. Até o ano 2003 o convento permaneceu baleiro. Foi nese ano cando comezou a funcionar como restaurante e salón de vodas.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Redondela (Fenosa)a 217 mRedondela (A Farola)-N-550-Rúa Areal · Pontevedra-Redondela-Vigo · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · Muxica-PSA Citroen · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I. · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Redondela (Fenosa)a 238 mAvda. Ernestina Otero 24-N-550-Rúa Areal · Pontevedra-Redondela-Vigo · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Bouzas · Muxica-PSA Citroen · Avda. Ernestina Otero 24-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I.
- Redondelaa 401 mAmoedo-Redondela · Redondela-Pazos de Borbén · Redondela-Raíns
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.