Couvent
Convento do Rosario de San Sadurniño
San Sadurniño · A Coruña
O Convento do Rosario era unha institución relixiosa establecida na vila de San Sadurniño. == Historia == As súas orixes están relacionadas coa Orde do Temple, que construíu un hospital e unha igrexa na Idade Media. En 1508 o primeiro señor de San Sadurniño, Fernando de Andrade, neto de Nuno Freire de Andrade, o Mao, reconstrúe a igrexa e obtén bula do papa Xulio II para establecer unha colexiata atendida por cinco capeláns. O fillo de Fernando de Andrade, Xoán Freire de Andrade, segundo señor de San Sadurniño, substitúe os capeláns por regulares da orde franciscana. En 1570 o terceiro señor de San Sadurniño, Pedro de Andrade, fillo do anterior, encomenda o convento á orde de San Domingos, sendo estes relixiosos os que rexerán a institución ata a súa desaparición no século XIX. Este mesmo señor crea a Cátedra de Gramática e Latinidade, dependente do convento. Na actualidade, o edificio conventual alberga dependencias municipais e o xulgado de paz. A igrexa parroquial actual de Santa María do Rosario é do século XVIII e pertenceu ao convento ata 1835. Nela áchanse os sepulcros dos dous primeiros señores de San Sadurniño, así como o da muller do primeiro, dona Inés de Castro. == Véxase tamén == === Bibliografía === A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Deputación da Coruña. D.L. C 3300-2009. === Ligazóns externas === Fundación do vínculo e morgado da Casa de San Sadurniño, feito por Fernando de Andrade, artigo de Carlos Breixo Rodríguez no número 13 (2006) da Revista Cátedra Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- San Sadurniñoa 93 mFerrol E.A.-Moeche-San Romón-As Pontes · FERROL E.A.-MOECHE-SAN ROMÓN-AS PONTES · Coruña E.A. - Ferrol E.A. - Viveiro E.A. · SAN SADURNIÑO-O CASAL · San Sadurniño-Pallota · San Sadurniño-O Casal
- San Sadurniñoa 102 mFerrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela)
- CPI DE SAN SADURNIÑOa 105 mCPI de San Sadurniño-Bostelo · CPI de San Sadurniño-Cantalarrana · CPI de San Sadurniño-Cruce Felgosa · CPI de San Sadurniño-A Freguela · SAN SADURNIÑO-PALLOTA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
- Castelo de NaraíoChâteau fort
- Castro de PereirugaColline fortifiée
- Castro da ErmidaColline fortifiée
- Castro do RupialloColline fortifiée
- Castro de RiboiraColline fortifiée
- Igrexa de Santa María do Rosario de San SadurniñoÉglise
- Castro de Croas de RamilColline fortifiée
- Castro de San SadurniñoColline fortifiée