Montagne
Cordal de Montouto
Guitiriz · Lugo
O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz. == Características == A súa máxima altura é a Pena de Uce de 734 metros. Divide as concas do río Parga e o río Mandeo e vén sendo unha prolongación da serra da Loba. Existen varias mámoas e nas súas inmediacións está a rústica ermida de San Vitorio e a pegada de Roldán. As fragas do barranco da Loba e Rego da Palanca, no val do Cambás, son dunha notable extensión e atesouran unha variada riqueza botánica. O río Cambás é un afluente que alimenta o río Mandeo. Con todo, e inda que está a unha relativa proximidade ás fragas do Eume, carece dunha figura de protección ambiental. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗