Grotte

Grotte des Choias

A Pobra do Brollón · Lugo

Grotte des Choias

A cova das Choias ou burato das Choias é unha gruta situada na parroquia de Óutara, preto da aldea de Biduedo, no concello da Pobra do Brollón. Chámase así porque na súa entrada habitaban numerosas choias biquivermellas, que teñen o pico curvado e vermello. == Descrición == A cova das Choias é de orixe natural, aínda que predominan nela as cavidades practicadas pola man do home para a extracción do mineral de ferro, basicamente durante os séculos XVI e XVII. As súas dimensións son moi grandes e son visibles desde a entrada. A bóveda alcanza máis de 30 metros de altura, a súa lonxitude é duns 120 metros e a anchura excede os 20. A gruta consta de tres niveis, sendo o intermedio o máis interesante debido á presenza de caprichosas formacións rochosas modeladas polo paso do tempo e pola acción humana. Na paisaxe do interior da caverna chaman tamén a atención os fortes contrastes de cores producidas pola oxidación do ferro presente na rocha, que van desde os verdes intensos ata unha variada tonalidade de ocres. A uns 75 metros da entrada, na parede da dereita, ábrese unha galería que comunica co nivel inferior. O paso dun nivel a outro resulta algo problemático a causa do lixeiro desnivel e do chan esvaradío, polo que convén extremar as precaucións. Aquí localízanse outras cinco galerías, das que só a central ten saída ao exterior, aínda que se acha tapada pola maleza. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Información sobre a cova (en castelán)

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu