Phare
Phare de Punta Cabalo
A Illa de Arousa

O faro de Punta Cabalo é un faro que está situado no extremo nordeste da Illa de Arousa, no interior da ría de Arousa, enriba dunhas rochas. A torre está fincada ata a metade do mesmo nunha das fachadas. Na parte de arriba atópase un balcón e a lanterna, situada nun saínte. A súa construción comezou no 1853, estando as obras a cargo do enxeñeiro Celedonio de Uribe, e a súa luz prendeuse por primeira vez o 19 de outubro do 1853. Nesta primeira etapa atendérono dous torreiros, máis a principios do século pasado suprimiuse esta figura. Dende el vese a praia de Area de Secada, e xusto enfronte está a coñecida coma ruta dos golfiños, onde os mesmos acoden para alimentarse co peixe que cruza esa parte da ría. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3. Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9. === Outros artigos === A Arousa Lista de faros de Galicia === Ligazóns externas === Reportaxe no suplemento de viaxes de El País.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗