Fête
Festa dos Fachós
O Castro de Caldelas · Ourense
Photo: Croios · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Fête à O Castro de Caldelas, Ourense, à 781 m d'altitude, à 36 m de O Castro de Caldelas.
A Festa dos Fachós do Castro de Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia, na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.
Descrición
Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo do Castro de Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a imaxe do santo, feita de palla ó igual que os fachóns. Finaliza a procesión no adro da igrexa onde se queiman os fachos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador no medio do repenicar das campás. A Festa dos Fachós encádrase dentro dos folións de véspera xunto a outras celebracións con fachas que aínda perduran, o Folión de Fachas de Vilelos ou a Queima das Fachas de Castelo. Frecuentes no pasado na Ribeira Sacra, e tamén arredor da capela dos Remedios na cidade de Ourense, por Allariz e na Merca, igualmente outras festas do Castro de Caldelas eran denominadas como folións.
Historia
Malia que a Festa dos Fachós é unha tradición ancestral, non se pode determinar a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1763, sendo unha das celebracións máis antigas de Galicia. Sobre as orixes da Festa dos Fachós do Castro de Caldelas hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas co lume, antes de ser cristianizado e asimilado o culto a san Sebastián. O escritor ourensán Vicente Risco relaciona esta festa cos ritos celtas de culto ó sol. Outra hipótese apunta ó século XVIII para referirse á orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolou a comarca caldelá, foi daquela cando os veciños pregaron a san Sebastián e san Roque para que intercederan e rematasen coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar as pertenzas dos infectados. Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para encontrar o corpo do santo a noite que foi martirizado. As diversas hipóteses que pretenden explicar a orixe da festa desde unha óptica local teñen escasa fiabilidade histórica, porén resultan interesantes como interpretacións populares. Malia incerteza da súa orixe a festa inunda a noite da vila caldelá nun ambiente especial e único.
Elaboración dos fachós
Antigamente a elaboración dos fachóns facíase coa palla da malla, que se obtiña despois de sementar o centeo e segar. Actualmente esta práctica foise perdendo ata quedar en desuso, polo que un dos inconvenientes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os fachóns. No presente é o consistorio do Castro de Caldelas o que se encarga de sementar cada catro anos o centeo, de segar e mallar como se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiro para as celebracións dos vindeiros anos.
Galería de imaxes
Outros artigos
Folión de Fachas de Vilelos (O Saviñao) Queima das Fachas de Castelo (Taboada) Paganismo celta Día da Candeloria
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Festa
Altitude du point ≈ 781 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche O Castro de Caldelas, à 36 m
Habitants de la commune 1 237 (2025) · IGE
Y aller en bus
- O Castro de Caldelas (concello)à 32 mCPI Virxe dos Remedios-Casteloais · CPI Virxe dos Remedios-Casteloais
- O Castro de Caldelasà 231 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · O Castro de Caldelas-Celeiros · O Castro de Caldelas-A Pola · CPI Virxe dos Remedios-Portela · CPI Virxe dos Remedios-Rabacallos (estrada)
- CPI VIRXE DOS REMEDIOSà 485 mO Castro de Caldelas-Celeiros · O Castro de Caldelas-A Pola · CPI Virxe dos Remedios-Portela · CPI Virxe dos Remedios-Rabacallos (estrada) · CPI Virxe dos Remedios-Casteloais · O Castro de Caldelas-A Pola
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Mosteiro de San Paio de AbeledaMonastèreCastelo do Castro de CaldelasChâteau fort
Zona antiga do Castro de CaldelasEnsemble historique
Igrexa de Santa Isabel do Castro de CaldelasÉglise
Igrexa de San Pedro de AlaisÉglise
Igrexa de San Xoán de CambaÉglise
Igrexa da Virxe dos Remedios do Castro de CaldelasÉglise
Igrexa de San Vicenzo de ParadelaÉglise