Bâtiment ou structure détruit
Forno de Cal da Muíña
Baleira · Lugo

A Muíña é un lugar da provincia de Lugo dividido entre dous concellos: a metade pertence á parroquia de Retizós no concello de Baleira e a outra metade á parroquia de Milleirós no concello de Pol. Está situado a 13 km de Meira e a 12 de Cádavo, cos que se comunica a través da estrada LU-750. Segundo o IGE, en 2013 tiña 44 habitantes. Deles, 24 pertencían á parroquia de Retizós (14 homes e 10 mulleres), mentres que os 20 restantes pertencían á parroquia de Milleirós (10 homes e 10 mulleres). A división da aldea entre dúas xurisdicións parece que xa vén de bastante antigo, pois, nunha doazón de terreos na Muíña (Mullina) sobre o ano 1234, citan in uilla et loco de Mullina, que est inter Valongam et Valeyram . Hai anos tivo certa actividade industrial. Aínda se conservan as construcións onde houbo unha planta de luz, un muíño e un forno do cal. Na zona que pertence ao concello de Pol hai unha capela. A carón da Muíña atópase A Marronda, unha fraga con gran variedade de árbores e plantas. Antigamente celebrábanse as festas por San Pedro, aínda que hoxe xa non se fan.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
À côté de ce lieu
- Monte da MarrondaMontagne
- Zone spéciale de conservation d'A MarrondaAire protégée
- Mazo da MarrondaSite archéologique
- Igrexa de Santa María de ValongaÉglise
- Igrexa de San Miguel da BrañaÉglise
- Igrexa de Santiago de MartínÉglise
- Igrexa de Santa María Madanela de RetizósÉglise
- Igrexa vella de San Martiño de CarañoÉglise