Dolmen

Forno dos Mouros

Toques · A Coruña

Forno dos Mouros

O Forno dos Mouros é un dolmen de hai uns 5000 anos. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real. == Accións == Foi escavado por Jacobo Vaquero, da Universidade de Santiago de Compostela, entre 1987 e 1989. Ten cámara poligonal composta de sete ortóstatos e corredor de dous tramos. No interior apareceron restos de pintura vermella e negra sobre unha base branca, en forma de zig-zags . No verán de 2009 un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estivo a traballar na consolidación do dolmen quitando as vigas de ferro que sostiñan a lousa do teito. Ó mesmo tempo, un equipo da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dirixido por Fernando Carrera, documentou as pinturas e dirixiu o seu tapado. O principal propósito da intervención conxunta era a mellora das condicións de conservación do monumento, especialmente para garantir a preservación futura das pinturas. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia === Ligazóns externas === Dolmen de Forno dos Mouros A Maruxosa no sitio web do concello de Toques Ficha de Turgalicia

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu