Château fort

Fortaleza de San Paio de Narla

Friol · Lugo

Fortaleza de San Paio de Narla

A fortaleza de San Paio de Narla, coñecida tamén como torre de Xiá, é unha fortaleza medieval hoxe en día convertida en museo. Sitúase no lugar da Castronela, na parroquia de Xiá, no concello de Friol, na provincia de Lugo. == Historia == Construída nos séculos XII ou XIII foi soar e casa forte da familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son máis remotas. Como indica o nome do lugar e evidencia a disposición do terreo, existía xa no lugar un castro na Idade de Ferro. Os primeiros documentos que fan referencia á fortaleza son do século XIV, no ano 1350 era citada como "rocha de Narrela" e un século máis tarde sufriu os ataques dos irmandiños, do que se ten constancia por documentos nos que Vasco de Seixas ordena realizar os traballos de reconstrución. No século XVIII pasou a mans dos Campomanes, que a habitaron e reformaron nos dous séculos seguintes. A finais do século XIX, os Campomanes vendéronlla á familia Novo. Esta, pola súa volta, vendeulla por 5 000 pesetas[Cómpre referencia] a un novo propietario que pretendía derrubala para reutilizar a pedra. Por iniciativa do director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, a Deputación de Lugo adquiriuna en setembro de 1939 polo dobre dese prezo. Permaneceu varias décadas sen uso ningún até que, en 1983, o arqueólogo Felipe Arias Vilas converteuna na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo, creando o Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla. == Descrición == O edificio está composto por tres corpos e unha capela exterior de planta cadrada e cuberta a dúas augas que garda un retablo do século XIX cunha talla popular de San Paio. A fachada do castelo mide 37 metros e no seu corpo central une a torre da homenaxe cun torreón. No interior destaca o patio e no exterior a torre da homenaxe, esta mide 9 por 11 metros e reforzada por pequenos contrafortes distribúese en tres plantas e un soto usado como cárcere. Na segunda planta destaca un van con parladoiro, e na terceira unha espléndida cheminea renacentista do século XVI apoiada por columnas decoradas con formas xeométricas nas bases, e no centro do entaboamento dous leóns enfrontados coas fauces abertas amosando grandes linguas e separados por unha flor de lis de catro follas. No costado unha man búrlase dun dragón que sae dunha roseta. O corpo central do castelo consta de dúas cruxías paralelas e unha terceira perpendicular. nunha das primeiras disponse un patio interior de planta rectangular e con arcos xeminados de medio punto nos laterais. A planta superior accédese por unha escaleira de granito, ou ben atravesando unha cociña cunha boa lareira. O salón, o corredor e as habitacións tamén se atopan decoradas o estilo dos séculos XVII e XVIII. As vellas cabalerizas conservan comedeiro e na bodega diversos apeiros de artesanía téxtil. Os elementos construtivos pertencen a diferentes épocas, desde o século XVI até o XIX, aínda que se reaproveitaron constantemente os materiais medievais. == A lenda de Catalina de Santirso == Existe unha lenda relacionada cunha das ocupantes da fortaleza, dona Catalina de Santirso, esposa do señor da casa Vasco das Seixas (1520-1543) coñecido como o Señor das Torres, home despótico e colérico. Esta muller era tan virtuosa e honesta como fermosa e o seu marido tan namorado como celoso, sendo moi querida polos seus súbditos xa que auxiliaba os pobres e trataba de evitar que a ira do seu marido caese sobre os seus servos. Este desconfiou da súa fidelidade e bondade, tratou infrutuosamente de envelenala polo que un día de Santos matouna de nove puñadas no peito nun arrebato de loucura.…

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

S'y rendre

Horaires Tu-Fr 11:00-14:00,16:00-18:00 · Sa,Su 12:00-14:00,16:00-18:00

Téléphone +34 982375156

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

À côté de ce lieu