Aire protégée
Gándaras de Budiño
O Porriño · Pontevedra · 2004

As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza. Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses. == Xeografía e xeoloxía == Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude. == Patrimonio == === Patrimonio arqueolóxico === Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubríronas o oceanógrafo galego Antonio Fernández del Riego e o xeomorfólogo francés Henri Nonn, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Nonn publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio. Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Monte Aloia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Penedo (casa Dolores)a 815 mIES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña) · IES Ribeira do Louro-A Abelenda (marquesiña)
- A Regaa 858 mCEIP de Rebordáns-A REGA · CEIP de Rebordáns-A Rega
- Quintenlaa 896 mIES Ribeira do Louro-Canadelo · IES Ribeira do Louro-Canadelo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.