Église
Igrexa de San Nicolao de Portomarín
Portomarín · Lugo
Photo: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Église espagnole, à 391 m d'altitude, à 145 m du Camino Francés.
A igrexa de de San Nicolao de Portomarín, denominada antigamente igrexa de San Xoán de Malta, é unha igrexa-fortaleza construída entre os séculos XII e XIII situada en Portomarín.
Descrición
É un templo dunha única, mais esvelta nave de cinco tramos, destes, o máis próximo á cabeceira está cuberto con bóveda de crucería e o resto está cuberto con bóveda de canón apuntada. Os diversos tramos quedan separados entre si por arcos faxóns que descansan en columnas embebidas. A ábsida, semicircular, cóbrese cun cuarto de esfera, mentres que o tramo recto que a precede leva bóveda de canón. A igrexa recibe a iluminación a través de dous rosetóns, un na fachada occidental e outro sobre o arco que da acceso a ábsida, ademais de fiestras abertas en cada un dos tramos e na ábsida. No exterior, a igrexa destaca polo seu aspecto de fortaleza, xustificado pola situación estratéxica que ocupa ó longo do río Miño, destinada a ser castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén, á vez que igrexa. De tal xeito, presenta unha torre de cada unha das esquinas da nave, conectados entre si polo adarve ó longo de todo o perímetro rematado en ameas, ó igual que as torres. O edificio probablemente comezouse a finais do século XII ou nos inicios do século XIII e terminouse no primeiro cuarto do século XIII.
Portais
O carácter sólido e severo das liñas arquitectónicas contrastan coa rica decoración dos seus tres portais: o principal na fachada occidental, os outros dous abertos cara ó norte e ó sur no cuarto tramo da nave. A Portada posúe un tímpano no que se contemplan os 24 anciáns da Apocalipse arredor do Cristo Pantocrátor. Na porta que da ó norte podemos ver no tímpano a Anunciación e ademais pódense ver figuras de sereas, seres con corpo de ave e cabeza humana. Na porta sur aparecen tres figuras humanas, o bispo San Nicolao e dous homes que suxeitan o báculo e o libro.
Traslado
O templo, xunto coa portada románica da igrexa de San Pedro, trasladouse ao crearse no cumio do monte do Cristo o novo poboado de Portomarín en 1962 por mor da construción do encoro de Belesar.
Galería de imaxes
Outros artigos
Orde de San Xoán de Xerusalén
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Église
Style Arquitectura románica
Dédié à Nicolao de Mira
Fait partie de Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo
Protection Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
Altitude du point ≈ 391 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Sarria, à 16,7 km
Chemin de Saint-Jacques Camino Francés, à 145 m
Habitants de la commune 1 296 (2025) · IGE
Y aller en bus
- CEIP VIRXE DA LUZà 131 mPortomarín (praza)-Ferramenteiro (dársena) · Portomarín (praza)-Ferramenteiro (dársena) · CEIP Virxe da Luz-Portomarín (enlace)-Ferramenteiro (dársena) · CEIP Virxe da Luz-San Fiz de Rozas (dársena)-Vigo · CEIP Virxe da Luz-San Fiz de Rozas (dársena)-Vigo
- PORTOMARÍN (PRAZA)à 208 mPortomarín (praza)-Ferramenteiro (dársena) · Portomarín (praza)-Ferramenteiro (dársena) · CEIP Virxe da Luz-San Fiz de Rozas (dársena)-Vigo · CEIP Virxe da Luz-San Fiz de Rozas (dársena)-Vigo
- PORTOMARÍN (DÁRSENA)à 209 mSarria E.A.-Hospital HULA · SARRIA E.A.-HOSPITAL HULA · Sarria E.A.-Palas de Rei · SARRIA E.A.-PALAS DE REI · Pobra de San Xulián-Portomarín (dársena) · Pobra de San Xulián-Portomarín (dársena)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Conxunto monumental de PortomarínEnsemble historique
Igrexa de San Facundo de Ribas do MiñoÉglise
Igrexa de San Mamede de BelazÉglise
Igrexa de Santa María de CortapezasÉglise
Igrexa de San Facundo de Ribas de MiñoÉglise
Igrexa de San Mamede de CastroÉglise
Igrexa de San Martiño de CastroÉglise
Igrexa de Santalla de ParadelaÉglise