Église

Igrexa de San Pedro de Angoares

Ponteareas · Pontevedra

Igrexa de San Pedro de Angoares

A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico. == Descrición == Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico. É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando. No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == Arte románica

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu