Église
Igrexa de San Pedro do Castro de Laza
O Castro de Laza · Laza · Ourense
Photo: Ecelan · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Édifice religieux à Castro de Laza, Laza, à 510 m d'altitude, à 899 m du Camino Sanabrés.
A igrexa de San Pedro é a igrexa da parroquia do Castro de Laza, do concello de ourensán de Laza, na comarca de Verín.
Descrición
Aínda que o edificio é orixinalmente do século XVI, foi reconstruído entre 1635 e 1795 en estilo barroco. Trátase dunha igrexa dunha soa nave a dúas augas. A capela maior, pouco máis ancha que a nave e de maior altura, sepárase dela mediante un arco triunfal con artesoado a catro augas. A fachada ten un lintel cunha inscrición coa data de remate da construción, 1795. Unha fornela acolle unha estatua sedente de San Pedro, de estilo neoclásico. O frontón remata nunha espadana de tipo popular con dous arcos e cadansúa campá. Nas catro esquinas do edificio levántanse senllos pináculos. No interior consérvase unha pía bautismal baixomedieval, pero o elemento que destaca é o retablo barroco sobre o altar maior, que é obra de catro escultores diferentes. A última fase foi realizada por frei Pedro Pascual García, entre os anos 1750 e 1755. Da súa man son as figuras de Adán e Eva e San Pedro. O retablo consta de sete rúas, coas esculturas de Adán e Eva nos extremos. No corpo principal ábrese unha fornela que estaba destinada para acoller o sagrario, pero en 1968 colocouse un Cristo crucificado, que finalmente foi substituído por un calvario barroco procedente da sancristía. Deste xeito, as imaxes que actualmente ocupan as fornelas -de esquerda a dereita- son as seguintes: San Pedro, San Xosé, San Brais, o calvario, a Virxe do Rosario, a Inmaculada e San Paulo. Outras figuras do retablo son San Francisco e Santa Bárbara e, na parte superior, San Pedro sedente cos atributos papais, San Pedro en pé cunha gran chave e mais un libro, e Santiago na súa iconografía de peregrino. No transcurso das obras de restauración realizadas en 2009, atopouse o sagrario orixinal da igrexa, do século XVII, arrombado nunha corte da casa reitoral, que foi restaurado e recolocado no retablo.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Église
Style Arquitectura barroca
Dédié à Pedro
Altitude du point ≈ 510 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Verín, à 16,5 km
Chemin de Saint-Jacques Camino Sanabrés, à 899 m
Habitants de la commune 1 151 (2025) · IGE
Y aller en bus
- O CASTROà 250 mToro-Verín E.A. · Toro-Verín E.A.
- SOUTELO VERDEà 1,1 kmArcucelos-Ourense E.I.(por OU-536) · Arcucelos-Ourense E.I.(por OU-536) · Toro-Verín E.A. · Toro-Verín E.A.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
