Église
Igrexa de Santa María das Dores de Lalín
Lalín · Pontevedra

A igrexa de Santa María das Dores é o templo da parroquia de Lalín, do concello de Lalín. Sitúase no centro da vila. == Historia == En 1865 aprobouse a construción da igrexa de Lalín, conforme ao proxecto firmado en 1863 polo arquitecto D. M. Ortiz. En 1895 o arquitecto diocesano Nemesio Cobreros presenta un novo proxecto para a súa aprobación. No campo da Feira, na actual praza das Pipas, había unha capela da Nosa Señora das Dores, que servía de igrexa parroquial de forma provisional. En 1876 talouse o carballo da Manteiga para a súa construción, e tras un incendio en 1883 restaurouse o retablo e adquiriuse outra imaxe da Virxe. A veciñanza achegou o predio, e o deputado Ángel Elduayen conseguiu que o goberno subvencionase o templo, e en 1901 a diocese de Lugo sacou a concurso a poxa da primeira sección da obra. O proxecto inicial contemplaba a demolición da capela e mais da igrexa de San Martiño de Lalín, mais a veciñanza opúxose e en 1905 oito fregueses mercáronlle o templo á diocese. En maio de 1903 comezaron as obras, preto da fonte da vila, e en marzo de 1907 remataron as obras de cantaría. En novembro de 1911 as paredes víronse danadas porque o templo aínda estaba descuberto. A igrexa inaugurouna o bispo Manuel Basulto Jiménez o 19 de marzo de 1919. O sacerdote Ramón García Aller encargou unha imaxe do Sagrado Corazón obra de José Rivas Rodríguez, autor tamén da Virxe Dolorosa do retablo maior. En 1959 o párroco Victoriano Sucasas iniciou unha campaña para a ampliación da igrexa, que pasou a ter tres naves. Despois de rematarse a construción da torre e instalarse un reloxo e unha nova campá, o bispo Antonio Ona de Echave reinaugurou o templo o 2 de setembro de 1962. == Galería de imaxes == Vidreiras dos muros laterais: == Notas ==
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Lalín (Estatua Loriga)a 195 mCEIP Xoaquín Loriga-Lalín E.A. · CEIP Xoaquín Loriga-Lalín E.A. · Samprizón-Lalín E.A. · Samprizón-Lalín E.A.
- Centro de Saúde de Lalína 197 mLosón (A Devesa)-Lalín E.A. · Losón (A Devesa)-Lalín E.A.
- Lalín (praza da Mariña)a 310 mRodeiro-Lalín E.A. · Rodeiro-Lalín E.A. · Lalín E.A.-Agolada · Lalín E.A.-Agolada · Rodeiro-Lalín E.A. · Rodeiro-Lalín E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.