Église
Igrexa de Santa María de Bemil
Caldas de Reis · Pontevedra

A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII. == Características == Conserva parte do frontispicio occidental románico (estrutura xeral e o rosetón superior). Porén, a portada románica foi suprimida e substituída por un sinxelo van. A torre-campanario do costado moderno é barroca. O rosetón trátase dun óculo circular rodeado por arquivoltas baquetonadas e nos vans das súas trazarías debuxáronse unha estrela central rodeada por tetrafolias. Tamén consérvase a potente ábsida do século XII, que aínda que é sinxela, mostra a elegancia das formas románicas na súa planta semicircular con dúas columnas entregas e un ventanal no pano central. Os muros refeitos, na parte dianteira, conservan canzorros románicos sobre unha sinxela porta de arco semicircular. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Barrié. p. 622. ISBN 84-85728-62-9. === Outros artigos === Arquitectura románica en Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Vemila 360 mSantiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-AP-9-Vigo · Santiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · A Coruña-AP-9-Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo
- Vemila 461 mSantiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo · Ferrol-Fene-Pontedeume-AP-9-Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · A Coruña-AP-9-Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo
- Outeiroa 486 mParadela-Caldas De Reis (Mil Pies) · Paradela-CPR San Fermín
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.