Église
Igrexa de Santo Estevo do Vicedo
O Vicedo · Lugo

A igrexa de Santo Estevo do Vicedo é o templo parroquial do Vicedo, no concello homónimo do Vicedo. Antigamente era coñecida como a igrexa de Santo Estevo do Val. == Historia == Segundo a tradición, a igrexa ten a súa orixe a finais da Idade Media, en relación co mosteiro de San Miguel de Cunicularia, da illa Coelleira. O convento, existente xa no século XI foi máis tarde propiedade de cabaleiros da orde do Temple, que se refuxiaron alá no século XIV. A lenda conta que o señor do Val de Viveiro mandou perseguilos, e un deles logrou escapar cun cadro de Santo Estevo até a praia de Xilloi vestido de paisano. Despois achegaríase até a Casa do Paisano, no barrio de Baltar, e colocou o cadro nun carro de bois, decidindo fundar un templo a Santo Estevo alá onde estes parasen[Cómpre referencia]. A igrexa era padroado laical, e pertenceu ao Condado de Fuensaldaña, descendentes de Alonso Pérez de Viveiro, que naceu nesta freguesía, no lugar do Casal. == Arquitectura == A construción sufriu importantes reformas no século XVII coa ampliación das dúas naves laterais. Consta de tres naves separadas por pilastras cadradas, unidas lonxitudinalmente por arcos de medio punto e con cuberta común de madeira a dúas vertentes. Amais do arco triunfal, pechan a capela maior polas súas tres frontes sendos arcos de descarga empotrados en muros. Aos lados do presbiterio hai dúas sancristías, e diante do frontis un pórtico con entradas de arco por ambos costados. Sobre a porta principal hai unha espadana simple de dous vans, con escaleiras incrustadas no mesmo muro e campanil pequeno preto da porta lateral da nave. Os muros son caleados, con granito nos esquinais, pavimento de cantería, teito de madeira e cuberta de lousa. O retablo maior é neoclásico, de finais do século XVIII, e colle todo o hastial do presbiterio. Na dereita aparece unha pintura que representa o xuízo a Santo Estevo, no centro un altorrelevo que representa o seu martirio, e na esquerda a pintura do enterro. Ambas as dúas pinturas inclúen o texto "Pinto Juan de Castinande ano 1835". Coroa o retablo o Espírito Santo en forma de pomba. Hai dous retablos laterais, neoclásicos, con esculturas de San Roque e San Nicolás. A capela da Virxe do Carme tamén é moi importante neste templo, e contén numerosos exvotos. O estandarte negro data de finais do século XVIII, e era empregado nos enterros de mariñeiros. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Concello do Vicedo
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- O Vicedo (igrexa)a 136 mViveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A.
- Suaigrexaa 302 mViveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A.
- Baltara 500 mViveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A. · Viveiro E.A.-O Vicedo (casa da cultura) · O Vicedo (casa da cultura)-Viveiro E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.