Église
Igrexa do Divino Salvador de Taragoña
Taragoña · Rianxo · A Coruña

Photo: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Édifice religieux à Taragoña, Rianxo, à 35 m d'altitude, à 51 m du Camiño A Orixe.
A igrexa de San Salvador de Taragoña é un templo relixioso situado na parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo.
Historia
A igrexa é de recente construción, se ben a data de edificación é descoñecida, a da súa reconstrución foi no ano 1863; a torre executouse no ano 1865.
Descrición
O edificio consta dunha nave cunha capela maior, sancristía, dúas capelas laterais e unha torre campanario. Ten por dimensións exteriores máximas 15,75 metros de anchura e 28,00 metros de longo. A nave principal é dun só tramo e está cuberta cunha bóveda rebaixada de ladrillo; sinxelos arcos de medio punto ábrense sobor a capela maior e ambas capelas laterais. A capela maior é a prolongación da nave, e ó igual que esta cóbrese cunha bóveda rebaixada de ladrillo. Sobre a zona de entrada hai unha tribuna de madeira, á que se chega por unha esqueira de caramecha metálica. Os paramentos internos estiveron revestidos por morteiro. A sancristía é un corpo engadido detrás da capela maior, e a ela accédese por dúas portas laterais abertas no muro que separa a ambas; cóbrese igualmente cunha bóveda rebaixada de ladrillo. As dúas capelas, unha no lado do evanxeo, e no lado da epístola a outra, cóbrense cunha bóveda de canón. A torre é de planta cadrada, exterior á igrexa e sitúase no lateral da epístola, detrás da capela. Chégase ó campanario por unha esqueira de caramecha desenrolada no interior da torre, con entrada polo exterior do templo. A porta principal, rectangular, ábrese na fachada anterior; orientada cara á ría de Arousa; sobre ela hai un oco limitado pola parte superior cun semiarco. A ámbolos lados da fachada álzanse dous corpos saíntes de xenerosa anchura que se unen na súa parte alta por un remate horizontal, todos eles con estrías e acanaladuras. Un dobre beiril inclinado conduce a un remate en piñón coa cruz. As fachadas restantes son sinxelas e sen notoriedades. Unha porta lateral ábrese no lado da epístola, antes da capela. A torre elévase en catro corpos ben definidos e limitados por saíntes horizontais con molduras. A cuberta está resolta con tella a tres augas; as vertentes laterais prolónganse no senso da pendente para acubillaren tamén as capelas laterais.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Église
Dédié à San Salvador
Altitude du point ≈ 35 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Rianxo, à 2,9 km
Chemin de Saint-Jacques Camiño A Orixe, à 51 m
Habitants de la commune 10 755 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Campos de Pazosà 299 mRianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · Rianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · CEP Xosé María Brea Segade-Campos de Pazos · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Te-Campo de Pazos
- Cartomil (bar Central)à 415 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A.
- Chorenteà 468 mRianxo (centro saúde)-Traba (cruzamento) · CEP Xosé María Brea Segade-Traba (cruzamento) · Centro saúde Rianxo-CEP Xosé María Brea Segade-Traba (cruzamento) · Rianxo (centro saúde)-Traba (cruzamento)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.