Île
Île de Noro
Ribeira · A Coruña

A Illa de Noro (Illa de Ñoro) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao leste da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,2 quilómetros desa illa. É unha mole de 4 hectáreas de superficie conformada por bolos graníticos que se elevan ata os 42 metros de altitude, polo que a illa ten unha destacada forma de peñón resquebraxado. A parte sur é chaira e cuberta de pradería, e na norte álzase o peñón. É lugar de nidificación tanto de aves mariñas como terrestres. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗