Île
Île de Toralla
Vigo

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 148 habitantes (79 homes e 69 mulleres). == Historia == Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana. Pertenceu ao bispado de Tui e coa desamortización pasou a ser propiedade de Francisco Javier Martínez Enríquez, Marqués de Valladares. A cadea de propietarios desde entón foiː María Dolores Elduayen Martínez (por herdanza), Enrique Lameiro Sarachaga (por venda rexistrada no catastro o 4 de xullo de 1895), Martín Echegaray Olañeta (por venda en outubro de 1910), herdada e vendida a José Manuel Kowalski Fernández e Mercedes Peyrona Díez de Güemes (1965), tamén en 1965 constituíuse a compañía mercantil Toralla S.A. cunha concesión sobre a illa até o ano 2064. A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público mais parte da súa costa é inaccesíbel por estar privatizada. En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo . Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === === Outros artigos === Vila Galaico-Romana de Toralla
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗