Montagne

Iroite

Camboño · Lousame · A Coruña · 684 m

Il n'y a pas encore de photo de Iroite

Si vous en avez une, téléversez-la sur Wikimedia Commons ↗ avec les coordonnées renseignées et elle arrivera toute seule sur cette carte et sur toute autre qui utilise des données ouvertes. Ou envoyez-la-nous.

{{Location|42.72767|-8.92522}}

Montagne à Camboño (Lousame, A Coruña), à 684 m d'altitude, à 6,5 km de O Porto do Son.

O Iroite é un monte galego, altura máxima da serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia e Arousa. Ten unha altura de 687 metros e o seu cume o comparten os concellos do Porto do Son, Boiro e Lousame. No seu cume ten a súa sede o Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), unha base aérea militar do Exército Español creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, xeneral xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela. Ó seu pé, cara ó sur e ó poñente, esténdense as Chans do Iroite, unha penichaira a monte baixo moi coñecida pola súa necrópole megalítica, na que destacan as mámoas con cámara da Casota do Páramo e a Arca de Barbanza.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Altitude 684 m

Ville la plus proche O Porto do Son, à 6,5 km

Habitants de la commune 3 060 (2025) · IGE

Voir sur la carteItinéraire

À côté de ce lieu