Lac
Lagune de Cospeito
Cospeito · Lugo
A lagoa de Cospeito é unha zona húmida permanente situada no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo. Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga e forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño". == Características == É un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño. Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola. == Flora e fauna == Nesta zona húmida existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos. Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum). == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Parga-Ladra-Támoga Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Cospeitoa 708 mVilalba E.A.-Lugo E.A. · VILALBA E.A.-LUGO E.A. · CPI Virxe do Monte-Lagoa de Abaixo (casa Matías) · CPI Virxe do Monte-Lagoa de Abaixo (casa Matías)
- A Feira do Montea 823 mVILALBA E.A.-LUGO E.A. · Muimenta-Lugo E.A. · CPI Virxe do Monte-Muimenta (praza)
- A Feira do Montea 830 mVilalba E.A.-Lugo E.A. · Muimenta-Lugo E.A. · Vilalba E.A.-Lugo E.A. · VILALBA E.A.-LUGO E.A. · CPI Virxe do Monte-Muimenta (praza) · A Feira do Monte-A Veiga da Acea
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.