Monastère
Monastère Saint-Sauveur de Lérez
Pontevedra

O mosteiro de San Salvador de Lérez foi un convento construído na Idade Media na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Nel celébrase cada 11 de xullo (día de san Bieito) a romaría de San Benitiño de Lérez.
Situación
Está situado na beira norte do río Lérez, preto xa da súa desembocadura. O lugar recibe, segundo os documentos, o nome de Espinareto, Espinedelo, Canoso ou A Porta da Coxa.
Historia
A primeira mención documental do mosteiro é do ano 915 ou 916, cando Ordoño II e a súa dona Xelvira fan doazón do couto ao abade Guntano, así como diversos ornamentos relixiosos, misais e un exemplar da Regra de San Bieito. A fundación do mosteiro foi feita na honra de San Salvador, a Virxe María, San Miguel Arcanxo, Santiago o Maior, San Tirso, San Lourenzo, San Mamede, Martiño de Dumio, Santa María Magdalena e Santa Engracia. Nunha inscrición na parede sur da igrexa aparece Honore Sancti Salbatoris et Sanctae Marie et Marina, Pelagio, Gontato et Bria fratres. A doazón feita por Ordoño II foi posteriormente confirmada por Afonso VII, Afonso XI e Sancho IV. En 1113, debido ás tensións entre o arcebispo Xelmírez e Mauricio, arcebispo de Braga, o convento foi elixido para consagrar a Hugo como bispo de Porto e a Munio Afonso como bispo de Mondoñedo. Dado o valor das rendas obtidas e o bo ambiente respirado no mosteiro, o convento de Lérez foi unha peza cobizada polos abades comendatarios. O Pai Yepes describe a situación: No século XVI foi reconvertido en Estudio para os monxes da orde de San Bieito da rexión, trala unión coa congregación de San Benito de Valladolid en 1575. En 1657 converteuse en colexio, e en 1661 en Colexio de Artes para os futuros monxes. Por el pasaron, ben como mestres ben como alumnos, persoeiros como Benito Feijóo, Martín Sarmiento, Diego de Lerma ou Benito de Salazar. No Trienio Constitucional (1820-1823) foron vendidos os utensilios de cociña e refectorio e os aveños de frades e estudantes. En 1835, coa Desamortización de Mendizábal, os monxes foron exclaustrados de modo definitivo, coa venda das súas posesións. A finais do século XIX o Padre Juan Arribas axudado polos monxes do mosteiro de Samos intentou rehabitalo, así como o arcebispo Quiroga Palacios na década de 1950, pero sen resultado.
Igrexa
A igrexa actual, do século XVIII, é de estilo neoclásico con elementos barrocos. Ten unha soa nave rectangular, abríndose na capela de San Bieito. A fachada, rematada en 1748, ten un corpo central con dúas torres cadradas aos lados, rematadas nun casquete cónico con fiestras semicirculares. Sobre a porta principal hai unha imaxe de San Bieito cun libro, o báculo, unha mitra e un corvo. Tamén está na fachada o escudo de España da época. No interior a bóveda está sostida por arcos que repousan sobre seis pilastras. O coro está sostido por tres arcos. Á dereita hai un altar coas imaxes de San Roque, Santa Lucía e San Sebastián. Despois da porta que dá ao exterior, hai outro altar coas imaxes do Neno da Bóla, a Virxe do Carme e Santo Antón. No altar maior está o Sagrario, co Salvador e a Asunción de María. Á esquerda deste altar está o de Cristo. Á capela de San Bieito accédese a través dun arco de medio punto. Ten tres fiestras e dúas portas, que conectan co exterior e coa sancristía. A carón desta capela está o altar do Sagrado Corazón.
Economía
O mosteiro recibiu diferentes doazóns, ben de tipo piadoso, ben como exención de impostos. Ademais da doazón de Ordoño II hai documentación de doazóns e confirmacións por parte de Afonso X, Fernando IV, Afonso XI e os Reis Católicos. En 1338 Afonso XI ordena ao concello de Pontevedra: "Por que vos mandamos [...] que daquí delante que non vayades nin enbiedes a los cotos del dicho monasterio a cortar llena nin madera, nin tomedes nin preyndedes vos nin outros por vos, nin mandedes tomar nin prender a los dichos abbat et conviento, nin a los sus omes nin a los que estudieren en el dicho monesterio e en los sus cotos, las cosas que tienen en el dicho monesterio nin en los sus cotos por las dichas cocharadas et portagens nin por outra rason alguna...".…
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Lérez (San Benito)a 162 mO Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · DP:Moraña-Hospitais de Pontevedra (ida) · DP:Moraña-Hospitais de Pontevedra (volta) · DP:O Campo Lameiro (farola)-Hospitais Pontevedra (volta) · DP:O Campo Lameiro (farola)-Hospitais Pontevedra (ida)
- Lérez (Porta do Sol I)a 216 mO Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Maunzo-Pontevedra E.A. · Silleda (marquesiña)-Pontevedra E.A. · Maunzo-Pontevedra E.A. · Maunzo-Pontevedra E.A.
- Lérez (centro saúde)a 230 mFontáns-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.