Monastère

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

A Capela · A Coruña

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

O mosteiro de San Xoán de Caaveiro é un mosteiro medieval localizado nas fragas do Eume, á beira do río Eume. Sitúase na parroquia da Capela, no concello coruñés da Capela, na comarca do Eume. == Historia == O mosteiro estableceuse no ano 934 para acoller os numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela. Obtén así o cenobio un gran poder, acadando a súa igrexa a categoría de Real Colexiata (con seis cóengos) que conservará ata finais do século XVIII. Comezou pertencendo á Orde de San Bieito, pero no século XII converteríase en Colexiata de Cóengos Regulares de Santo Agostiño. Entre o ano 1220 e o 1259 prodúcese a máxima expansión do seu dominio, nela estivo á fronte do mosteiro o prior Don Martiño Rodríguez, quen logrou a ampliación do couto até a ponte de Pontedeume, incluíndo as parroquias de Cabanas e Irís. Durante a Baixa Idade Media co auxe da casa de Andrade perdeu moito poder económico, que recuperou en tempos dos Reis Católicos. A súa xurisdición abranguía as parroquias de Caaveiro, A Capela e Cabalar (concello da Capela), Santa Cruz do Salto, Cabanas, Soaserra e Irís (concello de Cabanas), San Pedro de Eume, A Faeira, Bermui, Goente e Ribadeume (As Pontes de García Rodríguez), San Xoán do Seixo, Queixeiro, Taboada, e parte da de Vilachá (estas tres coñecidas como Couto Pequeno, no concello de Monfero) e o couto de Belelle (Sillobre, concello de Fene). Coa desamortización, todas as posesións da comunidade foron vendidas polo Estado a particulares, as reliquias de San Rosendo foron trasladadas a Santiago, e algúns dos obxectos relixiosos, como as imaxes ou as campás da igrexa, foron distribuídas entre as igrexas das Neves e Soaserra. A partir do ano 1800 queda abandonado, quedando ao coidado dun caseiro e inicia así a súa decadencia e deterioración. No século XIX Pío García Espinosa, que comprara boa parte das terras que rodean o mosteiro, consegue unha autorización do Arcebispo de Santiago para restauralo. Derruba, para acometer a restauración, a casa dianteira e a igrexa prioral (1896), edifica un pavillón ameado e reconstrúe a capela de Santa Isabel. Incluso volve ser ocupado por relixiosos, pero esta vida monacal coa morte de Don Pío volve desaparecer. == Descrición == === O mosteiro === Éntrase no adro por unha escaleira de vinte chanzos de pedra e unha porta. Sobre a porta está a torre cuadrangular de estilo barroco compostelán do século XVIII, traballo de Clemente Fernández Sarela, da escola de Simón Rodríguez. Baixo dela pódese ver o escudo coas as armas de Castela e León, co Vélaro de ouro e a coroa real, e unha ventá rectangular. No interior aínda se poden apreciar divisións que poderían corresponder a: un forno, as porterías, seis celas, un cabido, e as dúas igrexas. No exterior, a casa dos canónicos e as cociñas do mosteiro tamén se conservan aceptablemente, a casa dos criados, as cabalarías, o conxunto do muíño e a ponte Sesín. O muro nororiental, que soportaba o pulo da antiga igrexa, fabricado de perpiaños, mostra catro arcos de medio punto rebaixados. === As igrexas === Existían dúas igrexas. Da primeira apenas quedan vestixios. Os restos máis antigos son do século XII, destacando a capela de Santa Isabel, que se ergue sobre un montículo moi escarpado que obrigou aos seus construtores a salvar os desniveis do terreo por medio de altos muros con contrafortes e estancias subterráneas. Do templo románico só se conserva en bo estado a testeira, na que se abren tres pequenos vans románicos, e boa parte da nave. A antiga construción era dunha soa nave rectangular de 5,70 metros de largo, con ábsida circular. Foi restaurada por Pío García Espinosa aumentando a lonxitude da nave. A portada do Oeste configúrase de dúas arquivoltas apoiadas en columnas codilladas cun tímpano decorado cun Agnus Dei de prominentes cornos. == Estado actual ==…

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

S'y rendre

Horaires Sa,Su

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu