Musée

Museo Etnográfico Liste

Castrelos · Vigo · Pontevedra · 1999

Museo Etnográfico Liste, musée en Vigo

Photo: The original uploader was Albert galiza at Galician Wikipedia. · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗

Musée ethnographique à Vigo, à 30 m d'altitude, à 272 m du Caminho Português de Santiago.

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle unha colección de máis de 2.000 pezas da cultura material e espiritual de Galicia, e que percorre dun xeito monográfico o patrimonio galego dos oficios artesanais, moitos deles xa desaparecidos, o traballo agrícola tradicional e abundantes exemplos da relixión e a medicina populares. Foi fundado en 1999 e declarado de interese cultural ese mesmo ano. En 2001 pasou a integrarse no Consello Galego de Museos. En xaneiro de 2012 anunciouse o seu peche, volvendo a abrir no mes de novembro do mesmo ano.

Historia

Naceu como unha colección privada de Olimpio Javier Liste Regueiro (Pontevedra 1932-2013), mestre de escola especializado na educación de persoas cegas, dedicándose durante decenios, a nivel particular, á recolleita de material etnográfico de todo tipo por todo o país, axudado pola súa dona Josefina Fernández Mosquera. Foi fundador e primeiro director do primeiro museo etnográfico de Galicia, o Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira (Ourense), fundado en 1972. Desde o 2000, director do Museo Etnográfico Liste de Vigo. A influencia da súa actividade profesional manifestouse especialmente ó organizar diversas mostras e exposicións pensadas en ser comprensibles por invidentes.

O Museo

Está situado no número 22 da rúa Pastora, nun edificio propiedade do concello de Vigo, o chalé Barreras, cedido á Fundación Liste, entidade nacida o 15 de xuño de 1999 como resultado da colaboración entre o concello e o colector. O edificio corresponde a unha vivenda tradicional de mediados do século XX, cunha superficie útil de case 600 m² distribuídos en catro plantas. A colección etnográfica exponse a través de nove salas temáticas: Sala I: o cultivo do centeo a través das sucesivas fases da preparación da terra, sementeira, colleita do cereal xa maduro e a elaboración do pan centeo. Mostra arados, carros, mallos e cómpre destaca-las arcas para conserva-lo gran, algunhas escavadas en grosos troncos de castiñeiro, datadas no século XVII. Sala II: o rodado. Mostra diferentes tipoloxías da roda do típico carro galego, cuxa construción e fortaleza dependían do tipo de carro, da carga a transportar e das características do terreo por onde debía circular. Sala III: diversos materiais e útiles característicos de ata 50 oficios rurais tradicionais diferentes. Sala IV: diferentes sistemas de peche das vivendas e outras construcións anexas. Móstrase unha completa colección de chaves e tamén un torno dun convento de clausura do século XVIII, así como pechaduras e reixas. Sala V: o tear, os encaixes, os bolillos, e as fibras naturais utilizadas na confección da roupa tradicional (la, liño, algodón, seda) así como outros elementos menos usuais, como as plumas, xunto cos útiles empregados para face-lo fío e tece-la roupa (roca, sarillos, espadelas etc.). Sala VI: o traballo na madeira para a elaboración de obxectos de uso doméstico (pratos, canadas) e de trebellos e ferramentas agrícolas, como xugos, tullas, maseiras, trobos, calzado etc., cunha ampla variedade das ferramentas usadas por fragueiros, carpinteiros e zoqueiros. Sala VII: aparellos utilizados na iluminación anteriores á luz eléctrica, nos distintos ámbitos doméstico, nas cortes, no acceso ás vivendas, no traballo (candís, lámpadas de carburo e outros obxectos). Sala VIII: materiais relacionados coa fe relixiosa e a superstición: ofrendas, exvotos, libros de oracións etc., que reflicten o mundo da vida e da morte, da enfermidade e da curación. Sala IX: obxectos, receitas, herbas e materiais utilizados polos menciñeiros na medicina popular. A presentación e orientación do Museo é eminentemente didáctica, cun departamento específico dirixido a potenciar e dinamiza-los traballos etnográficos que organizan profesores e alumnos de diferentes colexios e institutos. Ten tamén unha biblioteca de consulta, especializada en antropoloxía de Galicia e dispón, así mesmo, dunha sala multiúsos na que organiza exposicións temporais.

Galería de imaxes

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Données

Nature Museo · Museo etnográfico

Étages 2

Inauguré 1999

Altitude du point ≈ 30 m · Terrain Tiles

Ville la plus proche Pereiró, à 898 m

Chemin de Saint-Jacques Caminho Português de Santiago, à 272 m

Habitants de la commune 295 735 (2025) · IGE

D'après (2024)

S'y rendre

Horaires Mo-Tu,Th-Sa 10:00-14:00 · We 10:00-14:00,17:00-19:00 · Su off

Entrée Payant

Téléphone +34 682 27 33 67

Adresse Rúa Pastora, 22

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

Y aller en bus

Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

À côté de ce lieu