Musée
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Sada · A Coruña · 1970
O Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside foi creado en 1970, ó abeiro do Laboratorio de Formas de Cerámicas do Castro, no Castro de Samoedo (Osedo, Sada), dentro das instalacións de Cerámicas do Castro, nun característico edificio composto de módulos hexagonais ó redor dun módulo central.
Historia e características
O Museo naceu a partir das doazóns das coleccións particulares dos membros fundadores do Laboratorio de Formas, creado en 1963 por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, co propósito de reunir as obras dos diferentes artistas galegos da xeración dos renovadores, no desexo de rescatar ese capital cultural de Galicia, se ben ampliou posteriormente os seus obxectivos á creación plástica galega contemporánea. Nas dúas primeiras plantas expóñense obras do propio Carlos Maside, xunto a outras de Castelao, Maruja Mallo, Francisco Lloréns, Francisco Asorey, Arturo Souto, José Frau, Xesús Corredoira, Xosé Eiroa, Federico Ribas, Suárez Couto, Bonome, Xulia Minguillón, Mario Granell, Eugenio Granell, Urbano Lugrís etc., artistas completados cos renovadores como Laxeiro, Colmeiro ou Luís Seoane e tamén obras de vangarda como as do grupo Atlántica. A última planta está dedicada ó debuxo humorístico. A partir de 1974 foi rexido por un padroado que desde 1985 está provisto polos compoñentes da área de Arte e Comunicación do Seminario de Estudos Galegos, ano este no que o museo pasou a denominarse Museo Galego de Arte Contemporánea. En xullo de 2023 o museo reabre a súas portas para pechalas de novo so uns meses despois, en setembro alegando discrepancias co Concello de Sada pola catalogación BIC de todo o complexo Sargadelos e que afectaría ó museo tamén.
Galería de imaxes do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- O CASTROa 107 mSada (hotel Sada Palace)-Armuño-Pol. Ind. Esp. Santo-Soñeiro-Sada (hotel Sada Palace) · CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro · CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro
- Samoedo (cruzamento)a 309 mSada (hotel Sada Palace)-Armuño-Pol. Ind. Esp. Santo-Soñeiro-Sada (hotel Sada Palace) · CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro · CEIP Pedro Barrié de la Maza-O Castro
- SEIXEDAa 581 mTeatro Colón-San Pedro de Nós-Oleiros-Sada (hotel Sada Palace) · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Sada (hotel Sada Palace) · IES Isaac Díaz Pardo-Seixeda (gasolineira) · IES Isaac Díaz Pardo-Seixeda (gasolineira)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.