Musée
Museo Interactivo da Historia de Lugo
Lugo
.jpg?width=640)
Museo Interactivo da Historia de Lugo ou MIHL é un museo que se atopa na cidade de Lugo. Trátase dun museo e espazo cultural no que priman as novas tecnoloxías, o que lle supón ser unha infraestrutura pioneira en Europa coas últimas tecnoloxías. Foi inaugurado o 29 de novembro de 2012, coincidindo nas datas de conmemoración do nomeamento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. == Proxecto == O proxecto do MIHL foi redactado polo estudio Nieto Sobejano Arquitectos. Segundo o mesmo, o museo ocupa unha parcela de máis de 11.000 m², dos que máis de 4.000 están construídos. O museo é subterráneo, sendo a parte superior un xardín, polo que é denominado "museo parque". Está situado no Parque da Milagrosa, na zona norte da cidade, polo que o museo forma parte dunha dotación pública (parques, piscinas, polideportivo, e outros locais públicos) de máis de 375.000 metros cadrados. O orzamento estimado para a construción do edificio foi de 8.759.641 euros, e levou con el unha campaña para dar a coñecer o museo e atraer visitantes, agardando que sexa un dos reclamos turísticos máis importantes da cidade. Conta así mesmo cun aparcadoiro soterrado de máis de 6.000 metros cadrados con capacidade para 120 automóbiles e 11 autobuses === Arquitectura === O deseño do museo está inspirado na Muralla, simulando unha paisaxe vexetal con torreóns. A cuberta superior é xardín con árbores, no que aparece un conxunto de patios circulares afundidos e unha serie de torres cilíndricas. O museo ten lugar para exposicións temporais, unha caixa escénica, biblioteca, cafetaría, tendas etc. Ten calefacción e auga quente sanitaria por xeración de enerxía por biomasa para evitar o emprego de enerxías non renovables. No edificio contratarán as partes exteriores e interiores (a parte do contido). No exterior a estrutura é de aceiro corten e no interior hai uns patios de vidro curvo. Foi escenario pouco antes da súa inauguración como paisaxe de fondo para campaña a nivel internacional de presentación dun novo modelo de coche de Hyundai. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Lugo === Ligazóns externas === Sitio web do MIHL Arquivado 14 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Galería de imaxes Arquivado 14 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Proxecto construtivo do museo Arquivado 14 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Lugo mostrará a súa historia nun museo interactivo soterrado en La Voz de Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
S'y rendre
Entrée Gratuit
Fauteuil roulant Oui
Chegar en bus
- CAMIÑO DE ROMAYa 493 mIES Sanxillao-Benade (A Airexe) · IES Sanxillao-Benade (A Airexe)
- CAMIÑO DE ROCAa 614 mIES Sanxillao-Benade (A Airexe) · IES Sanxillao-Benade (A Airexe)
- Bulevar (norte)a 682 mMonforte E.A.-Hospital HULA · Hospital Monforte de Lemos-Hospital HULA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.