Musée

Museo Numismático de Lobios

Lobios · Ourense · 1996

Museo Numismático de Lobios

O Museo Numismático situado no concello ourensán de Lobios é unha exposición permanente de moedas de Galicia impulsada polo numismático natural desa vila Jaime Paz Bernardo, que se inaugurou en 1996. A sede do museo está no edificio do propio Concello e o seu horario de visita é de luns a venres, de 9 a 14 horas. == Historia == A idea da creación dun museo especializado en moedas de Galicia xurdiulle en 1993 a Jaime Paz Bernardo, numismático profesional orixinario de Quintela, e daquela residente en Cataluña. Paz centrábase nese tipo de moedas, non só como coleccionista senón tamén como comerciante, no seu establecemento comercial en Barcelona. Co apoio inicial do entón alcalde Antonio Ferreira López, continuado polo seu sucesor Benito Vázquez Vázquez, o 30 de xullo de 1996 produciuse a inauguración do museo, da man do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. No mesmo ano da súa inauguración, o museo recibiu o premio Excelente ao Mérito Numismático 1996, outorgado pola Asociación Numismática Española. Nos últimos anos, as desavinzas entre a familia do desaparecido fundador (representada polo seu fillo, do mesmo nome) e o Concello dirixido por María del Carmen Yáñez, baseadas no posible incumprimento do contrato de cesión e nas deficiencias no mantemento das pezas, fixeron que se chegase a considerar a posibilidade de trasladar a colección a outra localidade. == Fondos == O Museo Numismático de Lobios alberga unha colección cronoloxicamente ordenada de moedas cuñadas, usadas ou relacionadas con Galicia, desde a Antigüidade ata a Idade Moderna, disposta en paneis e acompañadas de fichas didácticas na que se describen e se contextualizan as pezas. É de salientar a presenza dun exemplar do ás de Octavio Augusto cuñado en Lucus Augusti cara ao 25 a. de C., no contexto das Guerras Cántabras, considerada como a primeira moeda cuñada en Galicia. De época medieval destacan pezas como un diñeiro de billón cuñado en Santiago de Compostela por Afonso IX de León, ou catro marabedís da Real Casa da Moeda da Coruña a nome dos Reis Católicos. É de sinalar, así mesmo, a importante representación de moedas da Real Casa de Moeda de Xuvia, xa do século XIX. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Lista de museos numismáticos Museos de Galicia Jaime Paz Bernardo Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia === Ligazóns externas === Espazo do Museo Numismático de Lobios no sitio web do Concello.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu