Musée
Museo Vivente do Mel
Arzúa · A Coruña

O Enredo do Abelleiro, tamén chamado Museo Vivente do Mel, é un museo galego centrado no mel e a apicultura. Fundado[cando?] por Isidro Pardo Varela, está situado na parroquia de Dombodán (Arzúa). == Características == O museo amosa a apicultura tradicional e moderna nun contorno natural e, amais, tanto os produtos que se obteñen das abellas (mel, xelea real, pole, própole, cera) como produtos derivados: caramelos, mel con xelea, xabóns, cremas de mans e faciais, protectores de beizos... Na súa parte externa está composto por un apiario moderno, un apiario tradicional e un xardín botánico en que se favorece a polinización grazas á presenza de varias especies autóctonas melíferas. No interior, á vista do público, as salas de extracción, decantación e envasado, xunto co laboratorio, permiten seguir todos os procesos que se realizan na apicultura moderna. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina web do Museo vivente do mel Ficha Arquivado 24 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Portodemourosa 608 mBoimorto (As Corredoiras)-Arzúa-Vila de Cruces
- Portodemourosa 618 mBoimorto (As Corredoiras)-Arzúa-Vila de Cruces
- Gramila 920 mIES de Arzúa-Touro · IES de Arzúa-Touro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.