Théâtre

Palais de l'Opéra

A Coruña

Palais de l'Opéra

O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia. == Instalacións == O Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición. == Historia == Os terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro. O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía. En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera. Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Sitio oficial (en castelán)

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu