Palais
Palacio de María Pita
A Coruña · 1912
Photo: Csörföly D · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Siège à Concello da Coruña, à 21 m d'altitude, à 101 m du Camiño Inglés.
O palacio de María Pita, ou tamén pazo de María Pita, é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal. Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:
Descrición
O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III. Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.
Historia
Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838. Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.
Galería de imaxes
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Palacio · Casa do concello
Style Arquitectura ecléctica
Auteur Pedro Mariño
Altitude du point ≈ 21 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Coruña, à 37 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño Inglés, à 101 m
Habitants de la commune 251 277 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Porta Realà 135 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Realà 145 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- A MAESTRANZAà 410 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
