Place
Parque do Monte de San Pedro
A Coruña · 129 m

Photo: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Parc à Coruña, à 129 m d'altitude, à 2,8 km du Camiño Inglés.
O parque municipal do Monte de San Pedro comprende unha ampla extensión de territorio, 78 339 m², de accidentada topografía e vistas sobre a cidade da Coruña e unha ampla franxa de beiramar, que abrangue dende o cabo de Santo Hadrián e as illas Sisargas ó oeste, até os cabos Prior e Prioriño ó nordés. Inaugurouse o 6 de xuño do 1999 trala modificación de uso do terreo no que se atopa. Antes era un espazo militar-defensivo localizado nun punto xeográfico estratéxico, orientado á entrada da ría coruñesa. Este antigo carácter militar pódese apreciar en restos de construcións que supoñen un grande atractivo, coma refuxios subterráneos, barracóns para a tropa, garitas e, sobre todo, as espectaculares baterías de costa. No parque tamén se pode atopar un labirinto inglés confeccionado con plantas italianas, un estanque con parrulos, unha sala na que se exhiben pezas militares e varias zonas de xogos infantís. Entre os anos 2006 e 2007 engadíronse varias construcións: O ascensor panorámico: ascensor esférico e acristalado cunha capacidade de 25 viaxeiros. Salva unha altura de 63 m cun percorrido de 100 m, en 3 minutos e 20 segundos. Deshabilitouse definitivamente en 2026. A cafetería-restaurante. O observatorio: un edificio acabado en cúpula semiesférica que serve coma miradoiro. De especial presenza é o bordo litoral, coas súas características formacións rochosas, flora e fauna. Ladeiras de toxos e uces, de cores amarelas e rosas, nas que se mesturan outras especies vexetais típicas de ambientes costeiros, incluíndo algunhas plantas endémicas que prosperan ante o respecto ó seu hábitat. E sobre elas, multitude de pequenas aves coma papuxas, xílgaros ou liñaceiros que sobrevoan o parque.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Parque
Altitude 129 m
Ville la plus proche A Coruña, à 3,3 km
Chemin de Saint-Jacques Camiño Inglés, à 2,8 km
Habitants de la commune 251 277 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Os Rosalesà 468 mA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
