Château fort
Pazo de San Pedro de Bembibre
Bembibre · Taboada · Lugo
Photo: Varelarubin · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Château fort à Bembibre (Taboada, Lugo), à 554 m d'altitude, à 967 m de Taboada.
O pazo de San Pedro de Bembibre é un pazo/fortaleza localizado na aldea de San Pedro, na parroquia de Bembibre (concello de Taboada). Foi o lugar patrucial familiar dos condes de Taboada dende a súa construción no 1530.
Historia
En 1413, Lope Pérez de Taboada (cuxo lugar patrucial familiar se achaba en Castro Candaz) adquiriu unha propiedade no lugar de Bembibre, onde construíu unha casa-torre. En 1512, o seu bisneto, Lope Taboada "O Fundador" constituíu o morgado, unindo as propiedades que os seus antepasados foran adquirindo e, en 1530, construíu o pazo actual. A filla de Xoán Taboada (primeiro conde de Taboada) e Aldonza de Castro, dona María Teresa de Taboada Vilamarín e Castro foi nomeada Condesa de Taboada en 1683 e casou en 1687 co conde de Maceda, aínda que ambos condados non se fusionaron, senón que conservaron a súa identidade e administración propias. A pesar de contar con numerosas propiedades por todo o país, o matrimonio estableceu a súa residencia en Madrid. A partir de entón, a liñaxe dos Taboada había manter importantes posicións de poder a nivel galego, e tivo continuidade (ben que en varias ocasións de forma indirecta) até os nosos días. O seu abandono como residencia permanente deu lugar á súa decadencia, até ser empregado como soar de labranza (rexentado por caseiros) ata finais do século XX. Entre 1984 e 1997, o entón conde Leopoldo González de la Maza someteuno a un importante proceso de restauración. A última condesa e irmá do anterior, Amelia, dooulle o seu patrimonio (incluído o pazo) á creada Fundación Condado de Taboada no 2011. É de titularidade privada e non é visitábel.
Descrición
Trátase dun edificio construído en pedra de cantería nunha planta en U. Na fachada principal, orientada cara ao sur, atópase a entrada principal, composta por un arco de medio punto baixo a heráldica do Condado. Na á oeste está a torre ameada de tres andares. Nas ás oeste e leste hai chemineas ornamentadas. Esteticamente, trátase dun edificio austero e robusto. Do punto de vista artístico, os poucos elementos ornamentais cos que conta (a varanda da escaleira principal, a decoración dalgunhas xanelas, as molduras da entrada principal, algún arco no interior) fálannos de fórmulas renacentistas. No interior, conta cun pequeno cuarto semi-abovedado, oñecido como "o cárcere", ao que se accede por unhas escaleiras escavadas no propio muro. A capela, de reducido tamaño, está no interior do pazo e dende o exterior só se recoñece unha pequena cruz, e debeu ser incrustada na nave principal con posterioridade. O pombal está a carón do pazo, foille retirado o seu caleado e ten unha representación antropomórfica. Tamén conta con piscina e, ao noroeste do pazo, hai unhas cortes que hoxe están en desuso. Ademais, a capela do San Roque, no lugar homónimo, a escasos metros da aldea de San Pedro, tamén pertence ao pazo.
Galería de imaxes
Artigo principal: Galería de imaxes do pazo de San Pedro de Bembibre
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Forteresse · Pazo
Aussi appelé O Pazo de San Pedro
Altitude du point ≈ 554 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Taboada, à 967 m
Habitants de la commune 2 614 (2025) · IGE
Y aller en bus
- Taboada (marquesiña)à 820 mLugo E.A.-Ourense E.I. · Lugo E.A.-Ourense E.I. · Lugo E.A.-Taboada-Ourense E.I. · Lugo E.A.-Ourense E.I. (X)
- Taboadaà 874 mOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · OURENSE E.I.-CORUÑA E.A.
- San Martiñoà 1,1 kmOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · OURENSE E.I.-CORUÑA E.A.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.