Château fort

Pazo do Cotón

Negreira · A Coruña

Pazo do Cotón

O pazo do Cotón é unha fortaleza medieval a xeito de cidadela ameada que se atopa no lugar do Cotón na parroquia de Negreira, núcleo do concello coruñés de Negreira. As pedras armeiras lembran o vínculo coas familias nobres de Luaces e Mariño de Lobeira; e tamén aos Saavedra, Figueroa, Bermúdez de Castro e Trastámara. == Historia == Foi construído no século XIV coma castelo medieval, porén sofre importantes reformas especialmente no século XVII, manténdose os cubos das antigas murallas enmarcando as diversas partes do edificio. Salientan as rexas torres medievais ameadas que reflicten o pasado militar do edificio, tamén a pasarela de pedra que atravesa a rúa principal da vila (a Carreira de San Mauro, que foi un antigo Camiño Real), con tripla arcada ameada, balaustradas e miradoiros e que liga o pazo coa capela de San Mauro, do século XVIII; posúe ademais doce escudos. No centro do edificio hai corpos ligados ás torres cilíndricas nos ángulos, obra dos séculos XVIII e XIX. Aínda do XX son algunhas partes, como a galería e algúns cuartos. No corpo central hai unha escaleira do barroco de placas, de acceso ao andar superior, ligando coa chamada Galería de Pedra, sobre piares de placas e que liga cun paseo-solaina de grandes piares en forma de floreiros e muro ameado. No Cotón creárase tamén unha confraría para honrar á Virxe do Carme en 1740. Tivo unha capela de seu, hoxe desaparecida, nas inmediacións da actual rúa do Carme. Só queda unha imaxe de estilo ecléctico e naturalista nesta capela do pazo, compartindo espazo e cronoloxía do XX con tallas do Corazón de Xesús, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua e San Xosé. == Novas propietarios e proxecto de rehabilitación == No decembro de 2025, a sociedade Renzo Heritage — propiedade da familia Lorenzo García, propietaria tamén do hotel A Quinta da Auga — formalizou a compra do Pazo do Cotón. O último propietario coñecido do pazo foi o avogado compostelán Ángel Pardo de Vera Fabeiro, que faleceu en maio de 2025. A propiedade estaba á venda desde mediados de 2015. A adquisición supón un punto de inflexión para este pazo‑fortaleza emblemático da vila de Negreira. Segundo as declaracións dos novos propietarios, a idea é acometer unha rehabilitación integral do conxunto de forma respectuosa co seu valor histórico e arquitectónico, coa intención de reconvertelo en espazo de aloxamento e restauración, replicando o modelo aplicado en A Quinta da Auga. Segundo as fontes, o conxunto, que integra ademais do corpo principal elementos históricos como capela, hórreo, palomar, caballerizas, muros amurallados e un “patio de armas” considerado único en Galicia, pasa a estar baixo a custodia de Renzo Heritage. Non transcenderon cifras da operación, pero si a necesidade dunha rehabilitación integral que no caso das cubertas da edificación roldaría os 300.000€. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Gran Enciclopedia Galega, Silverio Cañada, 2004, t. 32, p. 101-105 === Ligazóns externas === "O noso patrimonio - Castelos de Galiza/Galicia".

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu