Pont
Ponte Navea
San Xoán de Río · Ourense
Photo: Álvaro Pérez Vilariño · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Pont à San Xoán de Río, Ourense, à 689 m d'altitude, à 3 km de A Pobra de Trives.
A Ponte Navea é unha ponte que está situada por riba do río Navea, o cal fai fronteira entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Esta, contén un único arco apuntado, que posúe unhas dimensión de 46,5 metros de lonxitude, 3,9 metros de anchura, unha altura de 14,2 sobre o nivel do río e 18,15 metros de luz.
Historia
É unha construción arquitectónica de orixe romana, segundo as pegadas que quedan visibles. Algunha destas son o paso da Vía XVIII (para a explotación da minaría e o control de Gallaecia) ou pegadas arqueolóxicas: un miliario (atopado no ano 1834) dedicado a dous emperadores, Tito e Domiciano , unha lápida de Aelio Sporo (na capela) ou outra de Popilius Hirsutus (na contorna). Na época medieval, producíronse bastantes cambios na construción inicial da ponte, reestruturándoa case por completo. O cambio máis destacado foi o estreitamento da mesma, pois na antigüidade tiña unha anchura de 7,60 metros. A maiores, tamén hai indicios de que nun principio houbese dous arcos en lugar de soamente un.
Contorna
Ao carón da ponte, atópase unha capela chamada Capela da Encarnación, que está, na actualidade, restaurada. Está construída sobre un templo orixinariamente romano. Na fachada apréciase unha cruz de Malta sobre un marco de medio punto, o que significa que pertenceu á orde militar de San Xoán de Xerusalén (chamada tamén, de Malta). Por alí pasaba un camiño de peregrinación Xacobea, e a misión que os cabaleiros desta orde tiñan era a de protexer os peregrinos que pasaban pola zona. Hoxe en día aínda se conservan casas ao carón da ponte, así coma unha paisaxe rodeada de carballos e castiñeiros. Metros máis abaixo do río Navea, hai un encoro xunto a dúas pontes, a Ponte Piago, do século XIX, e outra de finais do XX. Asemade, máis arriba atópase o Encoro das Guístolas, preto da estación eléctrica da Pobra de Trives.
Galería de imaxes
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Époque Romaine
Nature Pont
Nommé d'après Río Navea
Altitude du point ≈ 689 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Pobra de Trives, à 3 km
Habitants de la commune 516 (2025) · IGE
Y aller en bus
- O REBOLEDOà 427 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I.
- Mouruásà 820 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · O Castro de Caldelas-A Pobra de Trives · O Castro de Caldelas-A Pobra de Trives
- As Guístolasà 921 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I.
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Val do río NaveaAire protégée
Réservoir de GuístolasLac
Igrexa de San Xoán de BarrioÉglise
Igrexa de San Miguel de NaveaÉglise
Igrexa do Santo Cristo da Misericordia da Pobra de TrivesÉglise
Igrexa de Santa María de VilanovaÉgliseIgrexa de San Xoán de RíoÉglise
- Festa da bica de ManzanedaFête gastronomique