Plage

A Frouxeira

Valdoviño · A Coruña

A Frouxeira

A praia da Frouxeira é un areal situado no concello de Valdoviño que pecha o aceso ao mar da lagoa da Frouxeira, espazo ecolóxico protexido que é refuxio de cría de aves. Un paseo marítimo percorre parte da praia e da lagoa no lado de Valdoviño. O areal e a súa lagoa forman un espazo ecolóxico virxe de area fina e branca cunha lonxitude de máis de tres quilómetros dende Valdoviño ata Meirás. No extremo de Valdoviño está o castro da Frouxeira. Preto del está a illa da Percebelleira. No extremo de Meirás está o faro de Meirás, sobre un penedo rochoso apreciado por pescadores e mariscadores. A praia da Frouxeira ten bandeira azul aínda que o baño pode ser perigoso ao ser mar aberto. A zona vixiada para o baño é a máis preto de Valdoviño.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu